O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O Concello do Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19

O Concello do Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19

Novas

15-01-2021
15Xan
  • A medida entrou hoxe mesmo en vigor e prolongarase ata que melloren as condicións sanitarias //

  • Mantéñense as clases de bolillos e costura, porque son grupos son dun máximo de catro persoas //

Suspensión das actividades deportivas no Pino

O Concello do Pino decidiu suspender todas as actividades deportivas para adultos e tamén as escolas deportivas municipais para o alumnado do colexio, por mor da evolución da pandemia da covid-19 e as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia. A medida, que entra hoxe en vigor, manterase ata que melloren as condicións sanitarias.

Todas as actividades deportivas para adultos, que xa contaban con grupos reducidos e que se viñan desenvolvendo nos polideportivos de Lameiro e de Pedrouzo, quedan suspendidas ata novo aviso. O mesmo ocorre con todas as actividades das escolas deportivas municipais.

A medida, adoptada onte polo goberno do Pino, aplícase dende hoxe mesmo, polo que se suspenderon xa as actividades programadas para esta tarde. Hoxe tamén entran en funcionamento as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para evitar a propagación da pandemia.

Polo que respecta ás actividades culturais, seguirán impartíndose as clases de bolillos e de costura, porque xa contaban con grupos reducidos de 4 persoas.

Con esta medida, o goberno do Pino “quere contribuír coas autoridades sanitarias a evitar a propagación da pandemia. Pedímoslle comprensión á veciñanza. Sabemos que estas medidas causan molestias, pero nestes momento o máis importante é evitar posibles focos de contaxio”, sinalou o alcalde, Manuel Taboada.

Devolución de cotas

Respecto as cotas das actividades durante o período que estas estean suspendidas pola pandemia, o Concello do Pino devolveralle a parte correspondente a todas as persoas usuarias que o soliciten. Esta devolución farase unha vez rematado o período das actividades deportivas, previsto nuns casos no mes de maio e, noutro, no de xuño. A partir desa data, a todas as persoas que o soliciten, devolveráselle a parte correspondente ao tempo que as actividades estean suspendidas por indicación das autoridades sanitarias.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Xunta modificará os horarios dos autobuses no Pino para adaptalos ás entradas e saídas dos institutos en Santiago
O Concello do Pino concede un total de 42 subvencións vencelladas ao programa PEL-Reactiva »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés