O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Situación, Xeografía, Economía

Situación, Xeografía, Economía

Situación

O Pino atópase practicamente no centro de Galicia, ao sursueste da Provincia da Coruña (coordenadas 42º54'17N- 8º21'45O). Ten unha extensión de 132’3 quilómetros cadrados, distribuídos en trece parroquias: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino, San Mamede e San Breixo de Ferreiros. O Pino forma parte da Comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela.

Precisamente, é o primeiro municipio que o visitante encontra ao seguir a N-547 dende a capital de Galicia cara a Lugo, pasando perante o aeroporto internacional de Lavacolla. De feito, varias das pistas da terminal atópanse en territorio de O Pino. A capital municipal, O Pedrouzo, dista uns 18 quilómetros de Compostela.

Xeografía

Xeograficamente localizamos o concello na latitude 42º54’ Norte, e na lonxitude 8º21’5 Oeste. A súa latitude é de 287 metros sobre o nivel do mar. O seu relevo é suave, pouco accidentado, cunha variabilidade entre os 200 e os 450 metros. As cotas máis altas alcánzanse no Monte das Minas, de 452 metros e no castro de San Lourenzo de Pastor, con 412 metros. A capital municipal atópase a 289 metros sobre o nivel do mar.

Seguindo no capítulo natural, o Río Tambre é o que traza a división na parte norte do concello. O seu principal afluente é o Mera. Aparece tamén no mapa fluvial o Noa, que nace na parroquia de Pastor e desemboca no propio Tambre. En canto ao clima, é o propio da zona, oceánico e húmido. Acentúase lixeiramente a pluviosidade, que pode alcanzar os 2.000 milímetros anuais.

Economía

O saldo de poboación no ano 2017 é de 4.644 habitantes. O Concello de O Pino atópase no rango de municipios de entre 1.001 e 5.000 habitantes, como os concellos limítrofes de Frades, Boqueixón e Touro. Con respecto aos sectores de actividade, obsérvase que a maior parte dos traballadores están empregados no sector servizos, seguido pola agricultura, a industria e por último a construción. Sen embargo, respecto ás empresas constituídas no Concello de O Pino por sectores de actividade, a maior parte son do sector servizos (58,10%), seguidos pola construción (20%) e a industria (14,29%). O número de explotacións agrícolas escasamente chegan ao 8%, concrétamente o 7,62%.

A maior parte da superficie do Concello de O Pino está destinada a especies forestais, que ocupan case a metade da superficie do municipio (47,06%). As extensións destinadas a pastos ocupan o 26,86% da superficie de O Pino.

A proporción destinada a herbáceos (horta, invernadoiros e terras arables) ocupa o 17,51% e a superficie de explotacións leñosas tan só representa o 0,50% do total. No relativo ao sector secundario cabe sinalar que a metade das explotacións divídense nun 41,67% en industrias manufactureiras e un 58,33% en empresas de construción. Fixándonos no número de traballadores empregados nos ditos sectores, pode observarse que a porcentaxe é inversamente proporcional, dado que un 52,29% están empregados nas industrias manufactureiras e o 47,71% restante na construción.

No tocante ao sector servizos do Concello de O Pino, a metade das empresas existentes no municipio teñen actividades de comercio ao por menor de produtos non alimentarios, destacando as empresas de equipamento do fogar, bricolaxe, construción e saneamento, seguidas polas empresas textís, confección, calzado e artigos de coiro. Con respecto a grandes almacéns e hipermercados dentro do municipio só existen tres establecementos relacionados coa hostalería e alimentación.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés