O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Saúda do Alcalde

Saúda do Alcalde

Carta aberta 

Benvidos a esta nova páxina web coa que pretendemos abrir unha nova canle de comunicación, que nos permita achegarnos a todos vós, veciños e veciñas de O Pino. Ao mesmo tempo, queremos que esta plataforma sirva de coñecemento deste fermoso e interesante municipio fóra das liñas que delimitan as nosas fronteiras.

Todos os que queirades coñecer o noso concello, veredes que O Pino conta cunha carta de presentación onde están representados os sectores básicos: urbanismo, servizos sociais, desenvolvemento local, deportes, cultura, educación, turismo, historia, xuventude,…Desexo, pretendo e espero que esta ferramenta sexa unha referencia diaria para todos os veciños e veciñas. Un lugar onde localizar os formularios que precisedes para as diferentes actividades, un espazo para consultar información, así como novas municipais, actos deportivos e culturais entre outros, un enclave onde viaxar pola historia para saber algo máis do lugar onde vivimos, un foro onde enviarnos ideas e suxestións que poidamos poñer en marcha, etc.

Esta páxina web será un lugar aberto, que continuamente actualizaremos. É un punto de partida, o resto do camiño podemos facelo xuntos/as.O Pino está a mudar de imaxe. Novas dependencias, novas alternativas comerciais, novos veciños e veciñas, novas inquedanzas e novas tecnoloxías.

Esta páxina que estades consultando irá complementada con outra serie de iniciativas que pouco a pouco se irán convertendo en realidade, para seguir axilizando e facendo máis cercana a administración pública e para potenciar outras áreas.Se sodes veciños/as, lembrade que os paseos reais son moito máis interesantes e no concello aínda tendes moito por descubrir, e nesta mesma páxina figuran algunhas ideas e propostas.

Se sodes visitantes, quedades convidados simplemente a descubrirnos. Os argumentos son básicos: natureza, historia, servizos e sobre todo, tranquilidade, a través do Camiño Francés a Santiago.Así nos presentamos. O Pino no bo camiño e camiñando con futuro.Gozade da vosa estancia nesta páxina web.Recibide un saúdo.

Manuel Taboada Vigo

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés