O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

O Concello do Pino suspende as actividades e escolas deportivas pola evolución da covid-19

News

15/01/2021
15 Xan
  • A medida entrou hoxe mesmo en vigor e prolongarase ata que melloren as condicións sanitarias //

  • Mantéñense as clases de bolillos e costura, porque son grupos son dun máximo de catro persoas //

Suspensión das actividades deportivas no Pino

O Concello do Pino decidiu suspender todas as actividades deportivas para adultos e tamén as escolas deportivas municipais para o alumnado do colexio, por mor da evolución da pandemia da covid-19 e as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia. A medida, que entra hoxe en vigor, manterase ata que melloren as condicións sanitarias.

Todas as actividades deportivas para adultos, que xa contaban con grupos reducidos e que se viñan desenvolvendo nos polideportivos de Lameiro e de Pedrouzo, quedan suspendidas ata novo aviso. O mesmo ocorre con todas as actividades das escolas deportivas municipais.

A medida, adoptada onte polo goberno do Pino, aplícase dende hoxe mesmo, polo que se suspenderon xa as actividades programadas para esta tarde. Hoxe tamén entran en funcionamento as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para evitar a propagación da pandemia.

Polo que respecta ás actividades culturais, seguirán impartíndose as clases de bolillos e de costura, porque xa contaban con grupos reducidos de 4 persoas.

Con esta medida, o goberno do Pino “quere contribuír coas autoridades sanitarias a evitar a propagación da pandemia. Pedímoslle comprensión á veciñanza. Sabemos que estas medidas causan molestias, pero nestes momento o máis importante é evitar posibles focos de contaxio”, sinalou o alcalde, Manuel Taboada.

Devolución de cotas

Respecto as cotas das actividades durante o período que estas estean suspendidas pola pandemia, o Concello do Pino  devolveralle a parte correspondente a todas as persoas usuarias que o soliciten. Esta devolución farase unha vez rematado o período das actividades deportivas, previsto nuns casos no mes de maio e, noutro, no de xuño. A partir desa data, a todas as persoas que o soliciten, devolveráselle a parte correspondente ao tempo que as actividades estean suspendidas por indicación das autoridades sanitarias.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Xunta modificará os horarios dos autobuses no Pino para adaptalos ás entradas e saídas dos institutos en Santiago
O Pino destina 90.000 euros a unha segunda liña de axudas para hostalaría e restauración »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English