O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O Pino pecha a casa consistorial dez días ao dar positivo en covid-19 tres traballadores

O Pino pecha a casa consistorial dez días ao dar positivo en covid-19 tres traballadores

Novas

03-11-2020
3Nov
  • O Sergas fixo as probas ás outras 6 persoas que traballan nas dependencias municipais e deron negativo ||

  • A veciñanza que precise atención urxente do Concello pode chamar á casa de cultura ao teléfono 981 511 065 ||

 

O alcalde de O Pino decidiu pechar a casa consistorial durante 10 días, ata o vindeiro 13 de novembro, despois de que tres persoas que traballan nas oficinas da praza do concello deran positivo en covid-19 ao longo da pasada fin de semana. O Sergas citou as outras 6 persoas que traballan nestas dependencias para facer as probas do coronavirus, dando todas elas negativo.

O alcalde consultou a medida cos portavoces dos tres grupos políticos presentes na Corporación, que apoiaron o peche da casa consistorial como medida para preservar a saúde de todos os traballadores e evitar a propagación da pandemia.

Os veciños e veciñas do Pino que precisen resolver algunha xestión urxente durante estes dez días poderán chamar á casa de cultura (teléfono 981 511 065), dende onde tentarán atender as súas demandas, na medida do posible. As instalacións do centro sociocultural Luis Seoane seguirán funcionando con normalidade, xa que só se pechan as dependencias da casa consistorial situada na praza do Concello.

Durante a fin de semana tres persoas que traballan nestas dependencias deron positivo en covid-19 e permanecen illadas nos seus domicilios seguindo as indicacións das autoridades sanitarias. Unha deu positivo o venres, outra o domingo, e a terceira o luns. O alcalde contactou onte coas autoridades sanitarias, que citaron esta mesma mañá ás outras seis persoas que traballan na casa consistorial para facer as probas da covid-19. Todas elas deron negativo.

O alcalde, Manuel Taboada, pídelle comprensión á veciñanza polos inconvenientes que lles poida causar o peche das oficinas da casa consistorial. “Tomamos esta decisión para preservar a saúde de todas as persoas que traballan nestas dependencias, así como para o resto da veciñanza que se puidera achegar ata as oficinas municipais. Queremos evitar a propagación da pandemia, e poder facer unha desinfección integral das instalacións”.

 

 

 

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello de O Pino entregoulle hoxe a ANPA máis de 1.100 máscaras para o alumnado do CPI Camiño de Santiago
O Pino destina 78.500 euros para axudar a autonómos e microempresas a través do PEL Reactiva »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

SAVE & ACCEPT
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés