O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O Pino destina 78.500 euros para axudar a autonómos e microempresas a través do PEL Reactiva

O Pino destina 78.500 euros para axudar a autonómos e microempresas a través do PEL Reactiva

Novas

05-11-2020
5Nov
  • As axudas están cofinanciadas pola Deputación da Coruña ||

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude ata o 25 de novembro na sede electrónica do concello ||

  • Poden destinar a axuda a financiar gastos correntes: compra de material, arrendamentos e canons, reparación e conservación, primas de seguros e subministracións ||

  • Os anexos para solicitar axudas e as bases pódense consultar nos arquivos adxuntos ||

 

O Concello de O Pino destina 78.466,62 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego no municipio do Pino e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas, financiando gastos correntes, para contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico. As bases da convocatoria e os anexos que se precisan cubrir para solicitar estas axudas, pódense descargar nos documentos adxuntos que figuran ao final desta nova.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou o 5 de agosto o anuncio da convocatoria desta liña de axudas (preme aquí). O 12 de agosto publicouse no BOP unha modificación da resolución (preme aquí para consultala) As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do concello de O Pino (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Requisitos básicos

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

  • Ter o domicilio fiscal no Concello de O Pino.
  • Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello de O Pino, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
  • No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
  • No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.

Quen pode solicitar este programa de axudas

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Gastos subvencionables

Con cargo a esta líñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):

  • Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
  • Arrendamentos e canons
  • Reparación e conservación (adaptación de locais ás medidas deprotección fronte á covid-19
  • Primas de seguros (responsabilidade civil, accidentes)
  • Subministracións (auga, gas, combustibles, electricidades)

Bases e anexos da convocatoria

Nos anexos que figuran a continuación pódense consultar tanto a resolución da alcaldía que saiu publicada hoxe no BOP (ver aquí), así como as bases das convocatoria. Tamén figuran os anexos 1 e 2 que deben cubrir as persoas interesadas en recibir estas axudas. Unha vez cubertos estes anexos, deberán solicitar a axuda a través da sede electrónica do Concello de O Pino (preme aquí), dentro do apartado de subvencións, en solicitar subvención.

Icon

Resolución Alcaldía PEL Reactiva

1 file(s) 575.58 KB
Download
Icon

Bases PEL Reactiva castelán

1 file(s) 209.01 KB
Download
Icon

Bases PEL Reactiva galego

1 file(s) 216.52 KB
Download
Icon

Anexo 1 galego

1 file(s) 129.50 KB
Download
Icon

Anexo 1 castelán

1 file(s) 132.50 KB
Download
Icon

Anexo 2 galego

1 file(s) 204.00 KB
Download
Icon

Anexo 2 castelán

1 file(s) 210.50 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino pecha a casa consistorial dez días ao dar positivo en covid-19 tres traballadores
Suspendidas as escolas e actividades deportivas por un mes, mentres duren as restricións pola pandemia »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés