O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino destina 410.000 euros do POS a obras e outros 165.000 para reforzar servizos sociais

O Pino destina 410.000 euros do POS a obras e outros 165.000 para reforzar servizos sociais

Novas

04-02-2021
4 Feb
  • No POS extraordinario para gasto social, 60.000 van para servizo a domicilio, 20.000 a emerxencia social e 15.000 para axudar á escolarización de menores

  • Rexeitadas as alegacións presentadas contra os orzamentos do 2021, aprobado definitivamente

O Pleno do Concello do Pino aprobou esta mañá, cos votos a favor de PP e BNG e coa abstención do PSdeG, incluír no Plan único de concellos POS+ 2021 a obra para mellorar a pista de Boavista á Carballeira de Suso (en Ferreiros), que permitirá evitar que a saída da autovía Santiago-Lugo teña que pasar polo medio da aldea da Salceda, unha petición moi demandada pola veciñanza. A esta obra vanse destinar 132.139 euros, dos que a Deputación aportará 125.698 € e o Concello os 6.441 € restantes. Os outros 273.015 euros do POS+2021 destinaranse a gastos correntes.

A Corporación aprobou tamén as obras que figuran no Plan complementario 2021, que ascenden a un total de 286.146 euros. Con este investimento vanse mellorar a estrada local de Pumar ata o aparcadoiro da igrexa de Gonzar (32.634 €) reparar o pavimento da pista municipal dende a saída 77 da autovía Santiago-Lugo ata Cerceda (106.271 €); a rúa de Codesal e prolongación ata o límite do concello (71.557 €) e mellorar tamén a estrada local de Ponte sobre o río Mera (75.683 euros).

Outro dos puntos debatidos na sesión de hoxe foi a distribución dos 165.464 euros do POS+ Adicional para financiamento de gastos sociais extraordinarios. A proposta da alcaldía, que foi aprobada por unanimidade co voto a favor de todos os grupos, contempla destinar 35.000 euros a reforzo de persoal técnico, 20.000 para gastos de emerxencia social; 15.000 euros serán para axudar ás familias cos gastos que faciliten a escolarización e material informático dos seus fillos e fillas.

A partida máis importante desta POS+ de servizos sociais, dotada con 60.000 euros, vaise destinar a ampliar o servizo de axuda a domicilio que se preste no fogar das persoas usuarias (como rehabilitación, perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc). A proposta aprobada contempla tamén 20.000 euros para respiro familiar e 10.000 para compra de material de protección. Hai tamén outra partida de 5.000 euros para actuacións que os técnicos de servizos sociais consideren urxentes para axudar a persoas vulnerables.

Aprobados os presupostos de 2021

No pleno de hoxe tamén se debateron as alegacións aos orzamentos municipais para este ano, que foron presentadas polos tres concelleiros socialistas (a título individual) e por outro veciño do municipio.

As alegacións foron rexeitadas cos votos do Partido Popular e a abstención do BNG, seguindo as recomendacións que figuraban no informe técnico emitido pola secretaria-interventora do concello.

Unha vez rexeitadas as alegacións, os orzamentos quedaron aprobados definitivamente ao rematar xa o prazo de exposición pública. Entrarán en vigor nos vindeiros días, tras saíren publicados no Boletín Oficial da Provincia. Para o ano 2021, o Concello do Pino contará cun presuposto de 4.089.639 euros.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino concede un total de 42 subvencións vencelladas ao programa PEL-Reactiva
O Pino destina 90.000 euros a unha segunda liña de axudas para hostalaría e restauración »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego