O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino aproba o maior orzamento da súa historia con 5 millóns de euros para 2023

O Pino aproba o maior orzamento da súa historia con 5 millóns de euros para 2023

Novas

13-12-2022
13 Dec

A partida para investimentos reais ascende a 1,62 millóns  ||  

A construción do primeiro centro de día suporá un investimento de 657.000 euros e contará con 30 prazas  ||  

Transferida á Deputación a estrada local que vai dende Amenal cara a Bama pola parroquia de Pereira  ||  

A rúa que vai dende a N-547 ata a parte posterior do albergue de peregrinos de Arca chamarase Rego do Burgo  ||  

Sae a licitación o Servizo de Axuda no Fogar cun orzamento de 472.595 euros para 21.899 horas de atención  ||  

O Concello do Pino aprobou hoxe o orzamento máis elevado da súa historia, con 5.002.744 euros e que dedica 1,627 millóns de euros a investimentos reais e 2,22 millóns a gastos en bens correntes e servizos. “Son as últimas contas que aproba esta Corporación, un presuposto realista e sen débedas”, asegurou o alcalde, Manuel Taboada. Na sesión tamén se aprobou sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar, por 472.595 euros anuais para 21.899 horas de atención; transferir á Deputación á estrada de Pereira que vai dende  Amenal cara a Bama (Touro) e chamarlle Rego do Burgo a rúa de Pedrouzo que vai dende a glorieta da N-547 preto da gasolineira ata a parte posterior do albergue de peregrinos de Arca.

O Pino vai contar o vindeiro ano cun presuposto un 22,9% superior (un millón de euros) ao que tivo neste exercicio. As contas aprobadas hoxe cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o voto en contra do PSdeG, ascende a 5.002.744,43 euros, e contemplan unha partida para investimentos reais de 1.627.303 euros.

A construción do primeiro centro de día do municipio é a partida que representa un maior investimento, con 651.957 euros, dos que o Concello só aportará 51.957 e o resto será financiado pola Xunta de Galicia. “A principio do ano 2023 asinaremos o convenio coa consellería”, afirmou o alcalde, Manuel Taboada Vigo. O edificio, con capacidade para 30 prazas, construirase em Arca, nunha parcela de titularidade municipal. Taboada adiantou que está pendente de cerrar os detalles para a construción da residencia da terceira idade, que tamén se fará en Arca.

As obras de estradas que se van executar co POS+2023 e no plan complementario supoñen outro investimento lixeiramente superior aos 253.000 euros. Precisamente as partidas de outros investimentos en estradas (350.000 euros) e en terreos para parques e xardíns (300.000) centraron o debate coa oposición.

Dende o PSdeG, Óscar Vilar volveu criticar que o equipo de goberno non presentase unha relación das obras que se van executar en estradas e que o orzamento non inclúan partidas desagregadas. Así mesmo, o voceiro socialista fixo fincapé en que nos orzamento só se contempla a subida de salario para os funcionarios pero non para o persoal laboral. O alcalde replicoulle que se contempla as subidas “que nos marca o Goberno central. Se a normativa incluíra ao persoal laboral tamén figuraría nos orzamentos”. Dende a tesourería, aclaráronlle gran parte da contratación de persoal laboral está vinculada a subvencións de diferentes administracións e que o salario ven establecido por ditas convocatorias.

Pola súa banda, José Luis Vidal (BNG) preguntou se se ía executar a partida de 300.000 reservada para parques e xardíns, ao que o alcalde lle replicou que si.

No capítulo de gastos, os orzamentos para 2023 contemplan 895.383 euros para persoal e 2.220.439 para facer fronte aos gastos corrente e a sufragar os servizos que presta o Concello. Para transferencias correntes resérvanse 207.390 euros.

As transferencias correntes procedentes doutras administracións van supoñer uns ingresos o vindeiro ano de 2.068.020 euros e as de capital, 898.824 euros. Os impostos directos van representar 1.527.000 euros de ingresos, e as taxas 508.600 euros.

Na votación, as contas foron aprobadas cos votos a favor do equipo de goberno do PP (6), en contra do PSdeG (2) e a abstención do BNG (1).

O Pino. Pleno extraordinario de aprobación de presupostos 2023

Rúa Rego do Burgo e cesión á Deputación

Por unanimidade da Corporación aprobouse chamarlle Rego do Burgo á estrada que vai dende a rotonda da N-547 preto da gasolineira ata a parte posterior do albergue público de Arca, e na que se están a construír varios edificios de vivendas.

Tamén se ratificou por unanimidade transferir a Deputación Provincial a titularidade da estrada local da parroquia de Pereira que vai dende as curvas de Amenal ata o límite do concello (en dirección Bama), onde conecta coa estrada provincial DP-6603, que continúa despois por Bama ata conectar coa estrada autonómica AC-240 (Burres-Ponte Ulla).

“Esta estrada provincial debe ser a única da provincia que remata no medio do monte”, dixo Manuel Taboada, quen lle agradeceu á Deputación que aceptase esta petición e asumise a titularidade de toda a estrada.

Polo que respecta a subida do recibo da auga, o alcalde indicou que nos pregos da concesión xa figura que o mesmo se incrementará anualmente co IPC do mes de marzo, que neste caso é do 9,8%, e rexeitou a posibilidade de que ese incremento o poida pagar o Concello, “porque dende secretaría consideran ilegal que asumamos ese gasto”, dixo.

Licitación do Servizo de Axuda no Fogar

Cos votos a favor de PP (6) e BNG (1), e a abstención do PSdeG (2) aprobouse o expediente para sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello do Pino cunha contía de 472.595 euros anuais para 21.899 horas de atención. Dende unha perspectiva integral e normalizadora, o obxectivo é prestar atención no domicilio daquelas persoas que teñen dereito ao servizo para que poidan seguir vivindo na súa contorna.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A Xunta adxudica as obras da nova depuradora de Arca por case 1,9 millóns de euros
O Pino recibe o Nadal este sábado cunha gran festa para todos os públicos na Praza do Concello »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego