O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Xunta adxudica as obras da nova depuradora de Arca por case 1,9 millóns de euros

A Xunta adxudica as obras da nova depuradora de Arca por case 1,9 millóns de euros

Novas

12-12-2022
12 Dec

A actuación beneficiará os núcleos do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón // A infraestrutura estará dimensionada para 3.000 habitantes, ca fin de atender as necesidades de veciños e peregrinos //

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 1.876.032 euros as obras de execución da nova depuradora e de mellora do saneamento de varios núcleos da parroquia de Arca. As actuacións, adxudicadas á UTE Seranco, S.A. & Oreco Balgón, SA. & Aopil, SL, mellorarán o servizo de saneamento e depuración de cinco núcleos de poboación da parroquia de Arca, concretamente os do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón.

A intervención conta cun prazo de 18 meses, 12 para a execución das actuacións e 6 de posta en servizo, para confirmar o correcto funcionamento das novas instalacións. A nova EDAR terá capacidade para tratar as augas residuais dunha poboación de 3.000 habitantes. A instalación dará servizo a unha poboación fixa de 1.866 habitantes no ano horizonte 2044, pero estará dimensionada e preparada para 3.000 habitantes, xa que O Pino é unha zona pola que pasan moitos peregrinos e turismo derivado do Camiño de Santiago Francés.

Con esta intervención a Xunta quere dar solucións aos problemas actuais nestes núcleos da parroquia de Arca, que dispoñen dun sistema de depuración que consiste en dúas fosas sépticas que non funcionan adecuadamente, o que provoca vertidos frecuentes ao medio.

Para garantir aos veciños un sistema de depuración das augas residuais máis eficiente, construirase unha estación depuradora no lugar onde se atopa a fosa séptica da vertente leste, na contorna fluvial do rego do Burgo. Para levar as augas residuais desde a zona oeste ata esa nova depuradora executarase unha estación de bombeo coa súa impulsión, que descargará no colector por gravidade que xa hai actualmente.

A depuradora estará dotada de pretratamento (pozo de grosos, aliviadoiro, desbaste de grosos, clasificador de areas e desnatador); tratamento biolóxico; decantación secundaria; desinfección mediante UV; e arqueta de toma de mostras. Executarase tamén o novo bombeo, equipado con dúas bombas e a impulsión, cunha lonxitude de 640 metros, ademais do acondicionamento do colector da marxe do rego do Burgo, con máis de 1.200 metros.

Unha vez executadas estas obras, a depuradora e o novo bombeo, demoleranse as 2 fosas sépticas existentes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do Nadal Benéfico
O Pino aproba o maior orzamento da súa historia con 5 millóns de euros para 2023 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego