O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Cultura / O Pino recibe o Nadal este sábado cunha gran festa para todos os públicos na Praza do Concello

O Pino recibe o Nadal este sábado cunha gran festa para todos os públicos na Praza do Concello

Cultura· Novas

14-12-2022
14 Dec
  • A visita de Papá Noel e o acendido da árbore comparten protagonismo con obradoiros, xogos e unha sesión de teatro //

  • O alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago poñerá as bebidas e as lambetadas coa fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso //

O Pino recibirá o Nadal cunha gran festa para todos os públicos que se celebrará este vindeiro sábado, 17 de decembro, nunha carpa instalada na Praza do Concello. Obradoiros, xogos e unha sesión de teatro serán algunhas das actividades das que poderán gozar gratuítamente todas as persoas asistentes.

A visita de Papá Noel para atender as solicitudes das nenas e dos nenos e o acendido da árbore de Nadal, previstos para as sete da tarde, marcarán oficialmente o comezo do Nadal no Pino. Pero a festa comezará xa antes, ás 16.30 horas, con varias propostas para o público familiar. Cativada e persoas adultas poderán participar xuntas en xogos en familia ou nunha xincana familiar que se desenvolverá pola contorna da Praza do Concello. Ademais, haberá obradoiros para facer adornos de Nadal, escribirlle a carta a Papá Noel, maquillaxe e tatuarse e customizar camisetas con motivos navideños, taller este último para o que convén levar da casa unha camiseta branca lisa.

Despois do acendido da árbore, a festa continuará cunha sesión de teatro. Títeres Babaluva representará ‘Feira das sementes’, unha feira na que as sementes se cambian por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.

E, se hai fame, convén saber que durante toda a tarde o alumnado de 4ª de ESO ofrecerá bebidas quentiñas e lambetadas coa fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso.

Nadal Benéfico

Neste tempo de Nadal e de solidariedade, o Concello do Pino pon en marcha unha nova edición de Nadal Benéfico. Trátase dunha iniciativa destinada a recoller alimentos non perecedoiros, de hixiene persoal e de limpeza para doarllos ás familias con menos recursos. As doazóns deberán depositarse nos caixóns situados na Casa da Cultura, nas dependencias de Servizos Sociais ou nos supermercados Eroski, Día e Rúa.

O prazo para participar no Nadal Benéfico remata o 31 de xaneiro, pero o Concello recorda que se poden facer aportacións durante todo o ano.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino aproba o maior orzamento da súa historia con 5 millóns de euros para 2023
A Deputación financia os Servizos Sociais municipais cunha achega de 61.136 euros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés