O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino acollerá a partir do 27 de maio unha nova edición do curso da USC para maiores ‘Camiños de coñecemento’

O Pino acollerá a partir do 27 de maio unha nova edición do curso da USC para maiores ‘Camiños de coñecemento’

Novas

13-04-2021
13 Abr

 

Portada do folleto Camiños de coñecemento e experiencia 2021

O ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un programa de formación universitaria dirixido ás persoas maiores de 50 anos, regresa ao Pino no mes de maio. Está previsto que se celebre no centro sociocultural Luís Seoane, en seis sesións que se desenvolverán entre as catro e media e as seis da tarde.

A programación botará a andar o xoves 27 de maio cun seminario sobre como se escribe a historia a cargo de Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia da USC, quen un día máis tarde dirixirá un obradoiro práctico de análise de materiais arqueolóxicos e documentais.

A profesora de Ciencias Políticas Ana Moure Soengas será a encargada dos relatorios dos días 1 e 2 de xuño, sobre introdución á criminoloxía e a análise de pegadas dactilares, respectivamente.

O ciclo pecharase cun seminario sobre a construción do personaxe e cun obradoiro de teatro a cargo da pedagoga Beatriz Porrúa Refojo.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, en horario de 8:30 a 14:30.

Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago, entidade que organiza o programa co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2021 participan os concellos do Pino, Lousame, Arzúa, Boqueixón, Porto do Son, Melide, Muros, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Teo, Vedra, Ordes e Outes.

Icon

Folleto: Camiños de coñecemento e experiencia 2021

1 file(s) 1.98 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O conselleiro de Medio Rural e a directora xeral entregan os títulos da parcelaria de Budiño
O Concello do Pino celebra o Día do Libro cun vídeo protagonizado polo alumnado do CPI Camiño de Santiago »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego