Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O conselleiro de Medio Rural e a directora xeral entregan os títulos da parcelaria de Budiño

Novas

05/04/2021
5 Abr

José González destaca que preto do 70% da superficie do concello está xa concentrada  ||  

A medida beneficia a 470 propietarios, que pasan a ter agora parcela cunha superficie media de 11.000 metros ||  

O alcalde e Antonio Regueiro pídenlle ao conselleiro que concentre o monte das parroquias de Arca e de Pereira  ||  

O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu esta mañá o acto de entrega de títulos da concentración parcelaria de monte na parroquia de Budiño, que beneficia a 470 propietarios tras reorganizar unha superficie de case 700 hectáreas. A Xunta fixo un investimento nesta parcelaria de case 1,4 millóns de euros. O conselleiro destacou que preto do 70% da superficie do Pino está concentrada, tras rematar 12 parcelarias. O alcalde, Manuel Taboada, pediulle a José González que iniciase o antes posible a concentración de monte nas parroquias de Arca e de Pereira. Antonio Regueira, da Asociación de Veciños de Arca, entregoulle ao conselleiro máis de 200 firmas de propietarios solicitando o proceso.

No acto, no que tamén participaron a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde, Manuel Taboada, o conselleiro sinalou que grazas a estes procesos mellórase a estrutura da propiedade, o que permite aumentar a base territorial das explotacións da zona e diminuír os seus custos de produción. Neste senso, José González sinalou que coa reorganización desta zona, pasouse de 4.983 predios a case 700 fincas, multiplicando case por oito a superficie media das parcelas resultante. Así, remarcou, pasouse de 1.400 m² a case 11.000 m² de superficie media por finca, o que evidencia a utilidade destes procesos.

A entrega de hoxe súmase ás xa realizadas nos concellos de Touro e Coristanco, na provincia da Coruña, de Riotorto e Castro de Rei, na de Lugo, e de Baltar, na de Ourense. Ademais, José González anunciou que nas vindeiras semanas seguiranse rematando máis procesos de concentración parcelaria, coa previsión de entregar outros 1.850 títulos de propiedade a 840 veciños.

Propietarios de Budiño citados ata o mércores

Para respectar as medidas de seguridade derivadas da covid-19 e ata o vindeiro mércores, os propietarios de Budiño están citado ao local social da parroquia a recoller os títulos segundo a aldea na que viven. Hoxe pasaron os residentes nas aldeas de Carolliño, Parañoa, Quintás e San Migueliño.

Mañá, martes, é a quenda dos propietarios de O Cruceiro, Fixo e A Fontaíña (de 10.00 a 11.00 horas); os de Pazos de Abaixo e Regodauga (de 11.00 a 12.00 horas) e os de Porta de Roxos e a Voutureira (de 12.00 a 13.00 horas).

O mércores, día 7, están citados os propietarios de O Campo (de 10.00 a 11.00 horas), Pazos de Arriba (11.00 a 12.00) e de Sar, O Couto e As Cancelas (de 12.00 a 13.00 horas).

Poderán recoller os títulos tanto os propietarios como calquera outra persoa que acuda na súa representación e que debe levar o seu DNI e unha autorización do propietario. O modelo pódese descargar no arquivo adxunto:

Parcelaria de Arca e de Pereira

Despois de estar en Budiño, José González e Inés Santé, visitaron a casa consistorial do Pino. Alí, o alcalde, Manuel Taboada, e Antonio Regueiro, en representación da Asociación de Veciños de Arca, entregáronlle ao conselleiro máis de 200 sinaturas de propietarios solicitando a concentración de monte da parroquia de Arca. Manuel Taboada tamén solicitou que se concentre o monte da parroquia de Pereira, que conta xa coa preceptiva declaración de impacto ambiental.

O conselleiro respondeu que  estudiarán estas peticións e que tentarán atender estas peticións unha vez entre en vigor a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, arestora en tramitación no Parlamento galego e que debería aprobarse antes do verán.

A futura lei, segundo informa a Consellería de Medio Rural, permitirá axilizar os trámites e apostará tamén por instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras, como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Os títulos da parcelaria de Budiño entregaranse no local social entre o luns e o mércores
O Pino acollerá a partir do 27 de maio unha nova edición do curso da USC para maiores ‘Camiños de coñecemento’ »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés