- Rapazas e rapaces do municipio ironizan cos usos que se fan dos libros para animar a gozar da lectura
- “Os libros ábrennos a mente e só son inútiles cando están pechados”, conclúen
O Concello do Pino celebra este Día do Libro 2021 coa difusión dun vídeo a través da súa canle de Youtube e a súa páxina de Facebook na que participan rapazas e rapaces do CPI Camiño de Santiago
e no que convidan a ler a toda a veciñanza tirando de retranca e denunciando o mal uso que se fai dos libros.
Subirse aos libros para chegar ao alto dun estante, cargalos sobre os brazos para facer pesas ou empregalos para agachar cousas son algúns dos usos dos libros cos que se ironiza neste audiovisual da productora compostelá Xurdir.
Máis alá da retranca, sentencia unhas das rapazas que participa no vídeo, os libros ábrennos a mente e só son inútiles cando están pechados.