Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino abre a inscrición da súa Escola de Verán para conciliar durante as vacacións escolares

Novas

20/06/2022
20 Xuñ

O pago deberá ser abonado antes do 23 de xuño  ||  

As renuncias a unha praza deben presentarse por escrito  ||  

Escola de Verán no concello do Pino. Segunda quenda de agosto. Nas instalacións do CPI Camiño de Santiago en Arca. Festa da auga.

 

20 de xuño de 2022

Queda publicado o informe sobre a aprobación do listado de admitidos/as nas escolas de verán para este ano 2022. Para formalizar a inscrición deberá facerse un ingreso en conta bancaria especificando nome do usuario/a e datas de asistencia na razón. Hai de prazo ata o xoves día 23 de xuño para realizar o pago nas dependencias do Concello ou na sede electrónica, así como para entregar o xustificante do mesmo. Cabe sinalar a importancia capital de que, en caso de renunciar a unha praza asignada, debe ser notificado por escrito ao Concello.

A resolución pode ser consultada neste arquivo:

Icon

Lista de admisión para a escola de verán 2022

1 file(s) 1.82 MB
Download

25 de maio de 2022

O Concello do Pino ven de abrir a inscrición para a súa Escola de Verán, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 7 de setembro, ámbolos dous días inclusive. Ata o vindeiro 17 de xuño pódese solicitar praza neste programa de conciliación que o Concello les ofrece ás familias do Pino con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. As actividades, que se desenvolverán no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago (Arca), están abertas a menores do Pino de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

A Escola de Verán contempla un total seis quendas: do 23 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xuño; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 15 de agosto; do 16 ao 31 de agosto e do 1 ao 7 de setembro. O programa de conciliación desenvolverase de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas (agás os festivos no que non se realizará o programa). O horario de recollida do alumnado farase entre as 13.30 e as 14.30 horas.

En total, o Concello do Pino oferta 50 prazas por quenda no programa, quedando supeditada á celebración do campamento de conciliación a que haxa un número mínimo de participantes. No caso de que as solicitudes superen a dispoñibilidade de prazas, primaranse os seguintes criterios: empadroamento (cun mínimo de 3 meses de antigüidade); recomendacións dos Servizos Sociais por situacións especiais; familias monoparentais, menores escolarizados no Concello do Pino; que o pai, nai ou titor legal traballe no termo municipal e participantes que estean gozando das súas vacacións no Pino.

A listaxe de persoas admitidas no programa publicarase tanto na páxina web do Concello como no taboleiro de edictos. De presentarse solicitudes para varios irmáns nunha mesma quenda, a admisión dun deles suporá a do resto. Os solicitantes que queden sen praza pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda.

Inscrición ata o 17 de xuño

A data límite para poder inscribirse na Escola de Verán é o vindeiro 17 de xuño. Para poder facer a inscrición é necesario cubrir a ficha e a instancia que se poden descargar nos arquivos adjuntos ou recollela nas dependencias municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas. Una vez cumprimentada, a ficha de inscrición presentarase na sede electrónica para o seu rexistro ou no propio Concello.

O prezo da Escola de Verán será de 20 euros a quincena en xullo e agosto (40 € o mes completo) e de 10 euros as quendas de xuño e setembro. As familias numerosas terán un desconto do 20% a partir do segundo fillo, presentando o título de familia numerosa.

As cotas pagaranse unha vez que se saiba que o solicitante conta con praza logo da publicación das listaxes de admitidos. Nesta lista figurará a cantidade a abonar, xunto ás datas de asistencia.

Unha vez efectuado o pago, presentarase o xustificante ben nas dependencias do Concello ou ben a través da sede electrónica antes do 23 de xuño.

Icon

Ficha de inscrición Escola de verán 2022

1 file(s) 1.40 MB
Download
Icon

Instancia inscrición Escola de Verán 2022

1 file(s) 78.18 KB
Download
Icon

Bases Escola de Verán 2022

1 file(s) 422.61 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Corenta maiores de O Pino foron ao balneario de Cuntis co programa Vai de Auga que remata hoxe
O Goberno do Pino rexeita a petición do PSOE porque fai mal uso das redes sociais do Concello »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés