O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Sin categorizar / O Goberno do Pino rexeita a petición do PSOE porque fai mal uso das redes sociais do Concello

O Goberno do Pino rexeita a petición do PSOE porque fai mal uso das redes sociais do Concello

Novas· Sin categorizar

21-06-2022
21 Xuñ

Manuel Taboada: “Ningún partido político en Galicia utiliza as redes sociais institucionais dos organismos oficiais para facer política”  ||  

Óscar Vilar considera unha extralimitación de funcións que se bloqueara o seu perfil e o do PSdeG no Facebook do Concello  ||  

A proposta do alcalde, os concelleiros renunciaron a cobrar as dietas por asistencia a este pleno ||

O Pleno do Concello de O Pino rexeitou esta mañá, cos votos en contra do grupo de goberno popular e a favor da oposición, as peticións formuladas polo grupo socialista na Corporación en relación ao uso das redes sociais institucionais do Concello. O alcalde, Manuel Taboada, adiantoulle ao voceiro socialista, Óscar Vilar, que se ían desbloquear o seu perfil e o do PSdeG do Pino na paxina de Facebook oficial do Concello, “pero se continúa facendo un mal uso de ditas redes volverá quedar bloqueado”.

Durante o debate, o alcalde  recordoulle ao voceiro socialista que leva varios anos facendo mal uso das redes sociais institucionais do Concello, que “están para informar á veciñanza” das iniciativas municipais, “non para xerar debate político entre os diferentes partidos”.

Nesta liña, Manuel Taboada asegurou que “ningún partido político en Galicia usa as redes sociais institucionais dos organismos oficiais para facer política”. E puxo como exemplo que nin o PSdeG-PSOE fai publicacións no Facebook da Xunta de Galicia, nin o PP as fai nas redes sociais da Deputación da Coruña, nas  do Concello da Coruña nin nas do Concello de Santiago, “como ven facendo vostede dende hai dous anos no Facebook do Concello do Pino”, díxolle ao portavoz socialista municipal. “Bloqueámolo tras recibir queixas de veciños porque estaba facendo un mal uso das redes sociais do concello”, aseguroulle o rexedor.

O grupo socialista pediu un pleno extraordinario (celebrado esta mañá) ante o que cualificou como “clara extralimitación de funcións” por parte do alcalde, por ter bloqueado na páxina de Facebook do Concello os perfís do voceiro socialista, do propio PSOE do Pino e de varios veciños e veciñas.

Na proposta de resolución, os socialistas pedían que se desbloquearan ditos perfís, un uso non partidista das redes sociais municipais e que, para bloquear alguén nas redes, había que adoptar antes un acordo plenario ao respecto. Óscar Vilar díxolle ao alcalde que había que aceptar ás críticas, ao que este respondeu que no Facebook do Concello hai moitos veciños que alaban e outros que critican ao goberno municipal e sempre se respectaron todas as opinións.

A proposta do grupo socialista foi rexeitada cos votos en contra do grupo de goberno do PP (6 votos) e a favor da oposición (4). Taboada lembroulle a Óscar Vilar que se desbloquearían o seu perfil e o do grupo socialista e adiantoulle que “se seguen facendo un uso partidista das redes sociais municipais, volverán quedar bloqueados”. Así mesmo, lembrou que só hai un veciño bloqueado na páxina de Facebook do Concello do Pino, porque “quería utilizar o perfil institucional para facer publicidade do seu negocio e iso non o imos permitir”, concluíu.

Antes de iniciar a sesión, e a proposta do alcalde, todos os concelleiros renunciaron a cobrar as dietas por asistencia a este pleno extraordinario.

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino abre a inscrición da súa Escola de Verán para conciliar durante as vacacións escolares
Publicada a oferta da FP Dual para o curso 2022-2023 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego