O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello decide suspender o Festival Folk deste sábado polo incremento de casos de covid-19

O Concello decide suspender o Festival Folk deste sábado polo incremento de casos de covid-19

Novas

28-07-2021
28 Xul
  • Opta por extremar as precaucións e adía os espectáculos ata que mellore a situación epidemiolóxica //

  • O alcalde volve pedir prudencia e responsabilidade a toda a veciñanza coa fin de frear o coronavirus //

Aprázase o Festival Folk O Pino 2021O Concello do Pino acordou suspender o festival folk programado para o vindeiro sábado, 31 de xullo, en Arca por causa do incremento da incidencia da covid-19 no municipio nestas últimas semanas.

Os últimos datos de propagación do coronavirus na área sanitaria de Santiago e Barbanza son, en xeral, preocupantes. No caso concreto do Pino, o municipio rexistra nestes momentos un total de 40 persoas positivas entre a veciñanza.

O alcalde, Manuel Taboada, volve pedir prudencia e responsabilidade a toda a veciñanza, incide na necesidade do uso da máscara e de gardar as distancias interpersoais e subliña que o incremento dos casos de coronavirus non garda relación co brote detectado a pasada fin de semana nun grupo de peregrinos que se aloxou en dous albergues do municipio.

O Festival Folk O Pino 2021 substituía esta fin de semana a tradicional celebración da Festa do Galo Piñeiro polas actuacións de Manoele de Felisa e o Bruxo Queiman no campo da festa de Arca. Malia que o evento ía contar con cadeiras individuais e separadas e respectar todos os protocolos sanitarios, o Concello prefire extremar as precaucións e toma a decisión de pospoñelo para cando mellore a situación epidemiolóxica.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello do Pino pide responsabilidade e prudencia a veciñanza e hostaleiros para evitar novos brotes da covid-19
O Pino vai licitar a recollida do lixo durante dous anos por un máximo de 295.000 euros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego