O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino vai licitar a recollida do lixo durante dous anos por un máximo de 295.000 euros

O Pino vai licitar a recollida do lixo durante dous anos por un máximo de 295.000 euros

Novas

29-07-2021
29 Xul

Están contempladas tres prórrogas dun ano cada unha e a adxudicataria terá que poñer un camión compactador  ||

Aprobada a bonificación da contribución para once explotacións gandeiras  ||

A relación de postos de traballo do Concello saíu adiante cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG  ||

Pleno extraordinario O Pino aprobación licitación recogida do lixo

O Concello do Pino vai licitar o servizo de recollida de lixo por un período de dous anos, cun presuposto máximo de 295.000 euros, con posibilidade de tres prórrogas de un ano cada unha, segundo se aprobou no pleno extraordinario de hoxe cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG. Na sesión tamén se aprobou a relación de postos de traballo para o persoal municipal, coas mesmas posturas. Por unanimidade, aprobáronse os once expedientes para bonificarlles a contribución ás 11 explotacións gandeiras que presentaron toda a documentación.

O custo da recollida de residuos urbanos e limpeza viaria no Pino incrementarase no novo contrato porque a empresa adxudicataria terá que poñer o camión compactador para prestar o servizo, cunha capacidade de dez metros cúbicos, segundo explicou o alcalde. “Isto vai redundar nunha mellora do servizo, xa que se se avaría, será a empresa a que teña que poñer un novo camión ao día seguinte, e evitaremos que se utilice como escusa por parte da adxudicataria, como ocorre actualmente”.

O prezo dun camión para recollida de lixo das características do solicitado nas cláusulas do concurso estímase en 120.000 euros, o que supón un incremente no custo total do servizo en 30.000 euros anuais. “Levamos anos solicitándolle a Deputación un camión para a recollida de lixo. Ao non conseguilo pensamos que o mellor é que o poña a empresa”, dixo Taboada.

Dende o PSdeG, Óscar Vilar coincidiu en que parte da deficiencias do servizo actual atribuíanselle as constantes avarías do camión municipal, xa moi vello. Non obstante, botou en falta que non se pedira un camión novo ou seminovo á empresa adxudicataria. O alcalde considera que non é necesario, “porque se se avaría, a empresa terá que poñer outro camión para o día seguinte”.

Na votación, socialistas e nacionalistas optaron por absterse, e o equipo de goberno votou a favor, polo que o proceso de licitación “empezará nas vindeiras semanas”.

O mesmo resultado deuse na votación para aprobar a RPT, a relación de postos de traballo do Concello de O Pino, despois de que se celebraran xa as mesas de negociación cos sindicatos e cos traballadores. O cadro de persoal do Concello ascende a un máximo de 14 persoas. O peche da liquidación do orzamento de 2020 foi aprobado cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención da oposición.

Si houbo unanimidade para aprobar os once expedientes que van permitir a redución do recibo da contribución a outras tantas explotacións gandeiras do municipio que presentaron toda a documentación. En dous dos casos, a rebaixa será do 95% e nos nove restantes do 50%, porque no mesmo predio hai construcións non dedicadas a gandeiría (como casas, etc.). Estas bonificacións aplicaranse aos recibos do IBI do vindeiro ano 2022.

As solicitudes presentadas ata o de agora, ou as que se presenten a partir de hoxe, e teñan completada toda a documentación necesaria analizaranse no pleno do mes de setembro.

 

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Concello decide suspender o Festival Folk deste sábado polo incremento de casos de covid-19
Voluntarios da Cruz Vermella prestarán asistencia aos peregrinos que pasen polo Pino en agosto »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés