O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Concello do Pino pide responsabilidade e prudencia a veciñanza e hostaleiros para evitar novos brotes da covid-19

O Concello do Pino pide responsabilidade e prudencia a veciñanza e hostaleiros para evitar novos brotes da covid-19

Novas

26-07-2021
26 Xul
  • O alcalde recorda a importancia de usar a máscara e manter a distancia de seguridade //

  • O sábado detectáronse 5 positivos nun grupo de 28 peregrinos da Comunidade Valenciana que estaban en dous albergues de Arca //

  • Todos eles regresaron en coche para as súas casas o domingo // 

  • “Nestes momentos no Pino non hai ningún caso positivo vencellado ao Camiño”, afirma Manuel Taboada //

    Peregrinos no Camiño Francés ao seu paso polo Concello do PinoO alcalde do Pino pídelle á veciñanza que reforce as medidas de prevención, usando máscaras e mantendo a distancia de seguridade, para evitar un novo brote de coronavirus, como o que se detectou o pasado sábado en Arca. A Consellería de Sanidade informou ao Concello que se identificou un abrollo de 22 positivos en peregrinos procedentes da Comunidade Valenciana que se atopaban en dous albergues privados de Arca.

    A Consellería de Sanidade informou hoxe ao Concello de que o sábado se rexistraron cinco positivos nun grupo de 28 persoas mozas que fixeron etapa no Pino, polo que a Xunta activo o protocolo poñéndoas a todas en corentena. Logo de  facerlles probas PCR a todos os membros do grupo, confirmáronse o domingo outros 17 positivos en covid. En vehículos particulares, emprenderon o regreso ás súas casas.

  • Dende o Concello, o alcalde recorda que é a Consellería de Sanidade quen establece os protocolos e determina as actuacións que se deben pór en marcha. Neste senso informa que despois de ser inspeccionados a fondo polas autoridades sanitarias, os dous albergues seguen abertos.
  • Manuel Taboada pídelle a veciñanza “responsabilidade e prudencia, cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias, usando a máscara e mantendo a distancia de seguridade en todo momento” para evitar este tipo de abrollos. A mesma prudencia é a que lle pide o alcalde ao sector da hostalaría, “profesionais que están a cumprir coa normativa para evitar a propagación da pandemia, reforzando a limpeza e desinfección de todos os espazos e materiais”.

    O abrollo deste sábado rexistrouse nun grupo de 28  peregrinos que se aloxaba en dous albergues privados de Arca, segundo informaron dende a Consellería de Sanidade ao Concello de O Pino. Tiñan entre 20 e 21 anos e, na súa maior parte, procedían da Comunidade de Valencia.

    Segundo lle informou a Consellería de Sanidade, “nestes momentos no Pino non hai ningún caso positivo de coronavirus vencellado ao Camiño de Santiago”, afirma o alcalde. “O Camiño é seguro, e para mantelo así todos debemos ser prudentes”, conclúe.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas de ata 15.000 euros para mellorar o servizo e a calidade das augas das traídas veciñais
O Concello decide suspender o Festival Folk deste sábado polo incremento de casos de covid-19 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego