Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O alcalde Manuel Taboada amosa a súa satisfacción polos avances na na posta en marcha do parque comarcal de bombeiros

Novas

14/03/2024
14 Mar

O rexedor considera que se trata dun servizo clave que dotará dunha maior capacidade de resposta ante emerxencias a municipios rurais como o de O Pino ||

A Xunta e a Deputación ratificaron este martes os seus compromisos financeiros e aportarán tres millóns de euros ao proxecto || 

Manuel Taboada participou este mércores, xunto aos rexedores dos nove municipios implicados, na xuntanza convocada no Concello de Santiago para abordar o futuro do parque comarcal de bombeiros ||

O alcalde de O Pino, Manuel Taboada, participou este mércores na xuntanza convocada no Concello de Santiago para abordar a posta en marcha do futuro  parque comarcal de bombeiros. “Agardamos que, despois de esperar máis de vinte anos, desta vez o parque comarcal de bombeiros se poña en marcha o antes posible”, dixo Manuel Taboada, en sintonía co resto de alcaldes da comarca que asistiron á reunión.

Tras máis de vinte anos de espera, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña ratificaron este martes os seus compromisos financeiros e aportarán tres millóns de euros ao proxecto: dous para as obras das futuras instalacións e un millón de euros anual para os custos de persoal. Pola súa parte, o Concello de Santiago asume a contratación do persoal, así como a licitación do servizo e a contratación das obras para a construción do parque.

“Estamos moi satisfeitos deste novo impulso ao parque comarcal, e agardamos que despois de máis de 20 anos de espera se poña en marcha canto antes un proxecto tan necesario para a nosa comarca. O parque comarcal é clave para dotar de seguridade aos nosos veciños e veciñas”, afirma Manuel Taboada. Con respecto á futura localización, con dúbidas por parte do Concello de Santiago á hora de continuar ou non co emprazamento previsto en Salgueiriños, o alcalde de O Pino insta a “buscar a mellor situación posible para contar cun servizo que ofreza unha resposta o máis rápida posible ante as posibles emerxencias que xurdan nos nosos concellos”.

Ademais de co alcalde de O Pino, Manuel Taboada; o encontro promovido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, contou coa presenza dos alcaldes e alcaldesas de Ames, Blas García; Teo, Lucía Calvo de la Uz; Vedra, Carlos Martínez; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; e Trazo, Josefina Suárez. Por cuestións de axenda non asistiu o alcalde de Brión, Pablo Lago.

A comarcalización do servizo de bombeiros permitirá atender a nove concellos cunha extensión de máis de 900 quilómetros cadrados e unha poboación de 180.000 habitantes.

Trátase dun servizo clave que dotará dunha maior capacidade de resposta ante emerxencias a municipios rurais como o do Pino.

Todas as administración implicadas ratificaron esta semana o seu compromiso de ter asinado o convenio ao longo deste ano.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino acolle unha nova edición de ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ para maiores de 50 anos
Admitidas todas as solicitudes para participar no Lecer Semana Santa 2024 »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés