Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

O Pino acolle unha nova edición de ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ para maiores de 50 anos

Novas

14/03/2024
14 Mar

As plantas medicinais, os insectos e os trastornos do sono centran os seminarios e sesións prácticas // O programa desenvolverase entre o 2 e o 10 de maio // 


O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en maio ao concello do Pino para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. Esta iniciativa inclúe tres seminarios teóricos e tres sesións prácticas, que se desenvolverán entre o 2 e o 10 de maio, de catro e media a seis da tarde. A matrícula é gratuíta.

O ciclo ábrese o xoves 2 de maio co seminario titulado Para que serven os insectos, no que José Carlos Otero González defenderá a afirmación de que vivimos na era dos insectos, dado que representan o 55% da biodiversidade actual coñecida e o 85% da biodiversidade animal. O profesor emérito da Facultade de bioloxía da USC, xunto con Miguel Santamaría, dirixirán unha sesión práctica de presentación de insectos o mércores 8 de maio.

O sono e os seus trastornos será o tema central do segundo seminario, que se desenvolverá nas tardes dos venres 3 e 10 de maio. Nunha primeira sesión teórica, a profesora doutora da Facultade de Enfermaría Mónica Antelo Martelo falará das características do sono e dos trastornos máis comúns na poboación adulta. A segunda das sesións desenvolverase en forma de obradoiro, presentando de forma interactiva algunhas das técnicas existentes para conciliar o sono.

As sesións do luns 6 e martes 7 de maio centraranse nas Plantas medicinais. A profesora Mª Pilar Riveiro López explicará as súas aplicacións e usos e dirixirá unha sesión práctica para aprender a recoñecer as plantas medicinais máis frecuentes en Galicia.

A inscrición pode realizarse no departamento de Servizos Sociais, na Casa do Concello do Pino, en horario de 8.30 a 14.30h. Tamén pode descargarse a ficha de inscrición nesta ligazón e enviala cuberta ao correo electrónico correo@opino.gal. Os seminarios desenvolveranse no centro sociocultural Luis Seoane, en Arca, en horario de tarde.

Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento fai parte do Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, entidade que organiza o programa co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2024 participan os concellos do Pino, Arzúa, Porto do Son, Rianxo, Melide, Muros, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Teo, Vedra, Ordes e Outes.

Icon

Folla de inscrición en Camiños de coñecemento e experiencia 2024

1 file(s) 99.50 KB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Unha vintena de veciños do Pino desafían ao frío e á chuvia na Andaina pola igualdade
O alcalde Manuel Taboada amosa a súa satisfacción polos avances na na posta en marcha do parque comarcal de bombeiros »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés