Hoxe a Casa da Cultura de O Pino recibiu a visita especial de Juste Kamishibai papel e teatro e do seu espectáculo “Historias viaxeiras”. Decenas de cativos e cativas do municipio aproveitaron a oportunidade e gozaron con esta nova actividade da iniciativa “Ler conta moito”, na que os presentes tamén formaron parte das historias que relataba o contacontos.