O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria

Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria

Novas

26-03-2020
26Mar

A Consellería de Medio Rural deseñou un protocolo coas instrucións a seguir no ámbito agrogandeiro durante a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. A suspensión dos permisos de queima, os prazos para solicitar a PAC, o coidado dos animais e cultivos ou os teléfonos de consulta de Medio Rural son algúns dos temas que se detallan neste documento informativo.

Unha das medidas adoptadas pola Administración en todos os ámbitos, e tamén no rural, é a suspensión dos prazos para a tramitación de procedementos administrativos. A suspensión supón que non “corren” estes prazos, desde a entrada en vigor do estado de alarma, retomándose o seu cómputo cando finalicen os 15 días de duración do mesmo e a expensas dunha prórroga, se a houbese. No caso de presentación telemática dunha solicitude de subvención, esta forma de tramitación segue operativa, se ben os prazos non corren.

Hai que facer unha mención á parte para as axudas europeas daPolítica Agraria Común (PAC). Así, se ben os prazos marcados pola administración autonómica ou estatal están suspendidos ou interrompidos polo Real decreto de declaración de alarma, non é así cos prazos europeos. Porén, a Unión Europea vén de ampliar o prazo de solicitudes da PAC para a campaña 2020 ata o 15 de xuño.

Medio Rural informa tamén de que a realización de queimascontroladas en terreos rústicos está prohibida ata novo aviso. Tamén quedan sen efecto as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas e suspéndese a solicitude de novas autorizacións. Xa que logo, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

No referido aos mercados, está prohibida a apertura de mercados gandeiros, agrarios e tradicionais; a excepción dos establecementos de venda de subministros agrícolas e de alimentos para animais.

No documento de preguntas e respostas publicado por Medio Rural trátanse cuestións de todo tipo. Á pregunta de se é posible saír pasear se se vive no rural rodeado de monte, a resposta é que só se pode saír da casa a pasear un animal de compañía dando dó paseos curtos. Figuran tamén as respostas a consultas sobre compartir vehículo para desprazarse ao lugar de traballo, ir alimentar os animais que hai na segunda vivenda, os requisitos no coidado das fincas de autoconsumo, etc.

 

A Consellería tamén informa dos protocolos de actuación para as granxas e para o sector agroindustrial e dispón de servizos mínimos para loitar contra os incendios, atender as necesidades de gandeiros e agricultores e coidar dos animais e cultivos dos seus centros de investigación.

Neste enlace pode consultar as preguntas e respostas referidas ás instrucións, protocolos e medios de contacto da Consellería do Medio Rural durante a emerxencia sanitaria.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino comeza o reparto de máis de 2.000 kg de alimentos entre familias con menos recursos
O alcalde de O Pino anima á veciñanza: “Todos xuntos venceremos ao coronavirus. Queda na casa” »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés