O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / O Pino comeza o reparto de máis de 2.000 kg de alimentos entre familias con menos recursos

O Pino comeza o reparto de máis de 2.000 kg de alimentos entre familias con menos recursos

Novas

24-03-2020
24Mar
  • Os víveres foron facilitados polo Banco de Alimentos Rías Altas e chegarán a preto dun cento de familias |
  • O Concello suma os produtos recollidos no Nadal Benéfico e garante o subministro a todas as persoas que o poidan necesitar |

O Concello de O Pino comezou esta mañá o reparto de máis de 2.000 quilos de alimentos non perecedoiros entre as familias con menos recursos do municipio. O Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña facilitou estes alimentos, aos que o Concello engade os produtos que durante o Nadal Benéfico doou a veciñanza, para que todas as persoas do municipio en maiores dificultades teñan garantido o subministro de alimentos e produtos básicos.

O Concello garante que toda a veciñanza que o precise recibirá alimentos e amosa a súa disposición a destinar fondos propios para mercalos, sempre que o departamento de Servizos Sociais así o recomende despois de analizar a situación de cada solicitante.

O reparto comezou xa esta semana. Dende o Concello estánselle achegando alimentos non perecedoiros a preto dun cento de familias. Este é o primeiro dos tres repartos que fai o Concello de O Pino cada ano, aínda que dada a situación de estado de alarma e crise sanitaria polo coronavirus Covid-19 que estamos a vivir, o alcalde asegura que “ningunha familia de O Pino que o precise quedará sen alimentos”.

Nesta liña, Manuel Taboada pídelle a todas aquelas persoas que estean pasando por unha situación de especial dificultade que chamen aos Servizos Sociais do Concello, ao teléfono 981 511 002, “para explicarlle a situación e tratar de buscarlle unha solución entre todos”. Taboada recorda que xa dende Servizos Sociais se está a chamar a todas as persoas que constan na base de datos “e aquelas que pensamos precisan axuda, ofrecéndonos dende o Concello a xestionar a compra de alimentos ou medicinas. Se fose o caso, tamén lle podemos achegar produtos de primeira necesidade”, recorda o alcalde.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Comezan no Pino os traballos de desinfección das zonas máis concorridas da capital municipal
Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés