O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Papá Noel cítase por videoconferencia co alumnado do CPI Camiño de Santiago de Arca

Papá Noel cítase por videoconferencia co alumnado do CPI Camiño de Santiago de Arca

Novas

15-12-2020
15Dec
  • Atendendo a outra proposta súa,o Concello habilita un buzón na Casa da Cultura para que nenas e nenos deixen as súas cartas ||
  • Tamén dispoñen da dirección de correo electrónico nadal@opino.galpara escribrirlles á Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador ||
  • Nenos e nenas pódenlle escribir unha carta a Papá Noel, ao Apalpador e aos Reis Magos utilizando o modelo adxunto a esta nova ||

Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos puxéronse en contacto co Concello do Pino para que tranquilizásemos a todos os nenos e nenas. Estaban preocupados porque as autoridades sanitarias, co obxecto de frear o avance da pandemia da covid-19, non deixan que se reúna moita xente. A Papá Noel gústalle visitar o cole, recibir aos pequenos e pequenas no seu salón, conversar con todos, darlles unha aperta. E, no caso dos Magos de Oriente, escoitar as súas peticións no polideportivo de Arca. Pero este ano non vai ser posible. Ademais, tanto Papá Noel como os Reis son bastante maiores e xa sabemos que, se se contaxian de coronavirus, poden poñerse moi maliños.

Pero ocorréuselles unha solución para non deixar de estar con toda a cativada do Pino. Viron como, durante o confinamento, nos reuníamos con videoconferencias e agora queren facer o mesmo. No Concello pareceunos unha grande idea. Por iso, puxemos os medios para que xa o vindeiro luns día 21, o alumnado de infantil e máis o de primeiro e segundo de primaria do CPI Camiño de Santiago poida falar con Papá Noel por videoconferencia.

Outra petición que lle fixeron Papá Noel, o Apalpador e os Magos ao Concello foi que nos asegurásemos de que lles chegaban as cartas de todos os nenos e nenas do Pino, só faltaba que neste ano tan atípico se perdese algunha polo camiño.

Atendendo a súa solicitude, habilitamos a dirección de correo electrónico nadal@opino.gal para que lle poidades contar todo o que queirades e, por suposto, pedir (con moita educación) os regalos que vos gustaría que vos trouxeran. Comprometéronse a contestalas todas. Tamén puxemos á disposición de toda a cativada un buzón no Centro Sociocultural Luis Seoane de Arca (na Casa da Cultura) para que poidades deixarlle o correo postal. Para escribirlle, se queredes, podedes usar o modelo de carta que está ao final desta nova.

Non tedes que preocuparvos por como chegarán na noite de Noteiboa nin pola de Reis. Farano igual que sempre: Papá Noel voando polo ceo co seu trineo máxico capitaneado polo seu inseparable amigo Rudolph; o Apalpador, a pé e cargando co seu saco de carbón; e os Reis Magos, sobre os seus inesgotables camelos.

As autoridades xa lles asinaron os salvocondutos que lles permiten traspasar fronteiras e saltar peches perimetrais. Pensade que, como adoitamos estar durmidos cando chegan e apenas hai contacto, van poder seguir cumprindo coas peticións tal e como fan dende hai moitos, moitos anos.

Só é preciso que manteñades a ilusión.

Icon

Carta Nadal 2020

1 file(s) 1.91 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Cayetano Lledó trae ata O Pino o seu espectáculo de maxia ‘Titánic’ o sábado 12 de decembro
O Pino organiza o Lecer Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

SAVE & ACCEPT
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés