O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino aprobou hoxe o presuposto para 2021, que ascende a 4 millóns de euros

O Pino aprobou hoxe o presuposto para 2021, que ascende a 4 millóns de euros

Novas

30-12-2020
30 Dec

Increméntase o gasto social e destínanse 735.000 euros para investimentos reais  ||  

As contas saíron adiante cos 6 votos a favor do equipo de goberno, 3 en contra do PSdeG e a abstención dos dous edís  do BNG  ||  

Pleno presupostos 2021. O Pino

O gasto social é o que máis se incrementa nos presupostos do Concello do Pino para o ano 2021, que foron aprobados esta mañá cos votos a favor do equipo de goberno, a abstención do BNG e o voto en contra do grupo socialista. O Concello disporá de 4,089 millóns de euros, máis da metade dos cales se

A partida destinada a gastos de servizos sociais e promoción social é a que máis aumenta (un 9,76%) respecto aos presupostos de 2020, debido as dotacións extraordinarias financiadas a través do POS+ adicional da Deputación.

O Concello contará con 735.698 euros no capítulo de investimentos, e outra partida similar para gastos de persoal. Debido a que o Concello non ten débedas bancarias, os gastos financieros representan só 200 euros.

O alcalde, Manuel Taboada, asegurou que o goberno municipal presenta para o 2021 un “orzamento estable, sostible e sen débeda, o que demostra o compromiso do goberno municipal de manter unhas contas saneadas, sen menoscabo de manter a calidade duns servizos municipais de calidade”.

O portavoz socialista criticou que as contas non presenten a relacións de obras e que diminúen o investimento real, “que se centra en asfalto e farolas”, motivo polo que o portavoz solicitou que quedara sobre a mesa ata que se aprobe a relacións de obras do POS 2021.

Manuel Taboada replicoulle que os investimentos reais destinaranse ás obras que son máis necesarias para a veciñanza, e que o Concello seguirá licitando obras con fondos propios.

O presuposto foi aprobado cos votos a favor do PP (6), a abstención do BNG (2) e o voto en contra do PSdeG (3).

O grupo socialista presentou tres mocións: para apoiar ao comercio e a hostalaría local coa venda de bonos, para reparar locais sociais e outra para promover actos culturais e unha homenaxe a Luis Seoane. As tres foron rexeitadas polo equipo de goberno alegando que O Pino foi o primeiro concello en promover unha campaña de apoio ao comercio local e en establecer axudas directas aos autónomos. O alcalde tamén engadiu que no capítulo de obras xa se están a reparar aqueles edificios e centros públicos que demanda a veciñanza. Na terceira moción, tanto o alcalde como a concelleira de Cultura responderon que Luis Seoane xa foi nomeado fillo predilecto do Pino, que se organizou unha exposición na súa honra e que se está a colaborar asiduamente coa fundación que leva o seu nome.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino organiza o Lecer Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante as vacacións
O Reis Magos percorrerán o martes as parroquias do Pino repartindo ilusión entre nenos e nenas »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés