O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino abre o sábado 1 de xullo a piscina municipal de Lameiro con abonos e cursiños de natación

O Pino abre o sábado 1 de xullo a piscina municipal de Lameiro con abonos e cursiños de natación

Novas

22-06-2023
22 Xuñ

Terá horario ininterrompido de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo // A entrada diaria custará 3,60 euros mentres que unha familia con dous peques ou máis pagará 24 euros por toda a temporada //

O Concello do Pino inaugurará a temporada de verán o vindeiro 1 de xullo coa apertura da piscina municipal de Lameiro, que poderá desfrutarse todos os días da semana en horario ininterrompido de 12.00 a 20.00 horas. Os abonos poden retirarse xa na Casa do Concello de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas.

A piscina municipal de Lameiro abrirá o sábado día 1 tanto para quen queira ir tomar o sol e darse un baño como para as persoas interesadas en facer cursiños de natación. A entrada diaria terá un custo de dous euros e haberá abonos de temporada moi económicos para aquelas persoas que vaian facer un uso habitual das instalacións.

Os bonos teñen un prezo de 6 euros para os menores de 16 anos e de 12 euros para as persoas adultas no caso de ser residentes no municipio. O custo dobrarase no caso de empadroamento noutros concellos.

Así mesmo, e só para as familias residentes no Pino, establécese un custo de 15,02 euros por parella, ao que haberá que sumarlle 6 euros máis por un fillo e outros tres polo segundo (a partir do terceiro non se paga). Iso significa que unha familia con dous peques ou máis aboará 24 euros por toda a temporada.

As persoas mozas que amosen o seu carné xove desfrutarán dun desconto do 25%.

En canto aos cursos de natación, é requisito obrigatorio contar cun abono. As persoas interesadas poderán asistir a un máximo de dúas clases por semana. O curso ten un prezo de 3 euros ao mes para menores de 16 anos e de 9,01 para persoas adultas e desenvolverase entre luns e xoves de 12.30 a 13.15 horas.

A organización dos grupos dependerá da idade e do nivel dos participantes.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Maiores do Pino comezan a manexar o ordenador e o móbil no curso de informática do Concello
O Pino crea a Comisión Especial de Urbanismo e aproba dúas dedicacións exclusivas e unha parcial para o goberno local »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés