Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Máis de 100 inscritos para O Gran Camiño, o medio maratón que se celebra en dúas semanas

Novas

24/06/2019
24 Xuñ

O terceiro medio maratón O Gran Camiño, que se realiza entre os concellos de Arzúa e O Pino, xa conta con 114 participantes a falta de dúas semanas para a carreira. Nesta ocasión, o evento deportivo celébrase en xornada de tarde, con saída o sábado 6 de xullo ás 19.00 horas dende a Cima do Lugar en Arzúa e coa meta sita na praza de Forcarei (Pedrouzo) en O Pino. A inscrición, que ata o mes de xullo custa 15 euros, pódese realizar na web de emesports.

Os corredores volverán ateigar a penúltima etapa do Camiño francés, compartindo treito cos peregrinos que ese día percorran a ruta xacobea. A proba organizada polos concellos de O Pino e Arzúa, conta ademais coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, Coca Cola, Gonzacar e Clínica de Fisioterapia LR.

Esta media maratón trátase dunha carreira de dificultade media segundo a organización, pois o percorrido transcorrerá maioritariamente por zonas de terra dura, unha superficie moito menos lesiva co asfalto e que  permite a utilización de calquera tipo de calzado. Ademais, a segunda metade da proba é menos esixente, xa que a saída está a maior altitude que a meta.

Dúas semanas antes da data desta media maratón, o número de inscritos é de 114, fronte os 185 que se calzaron as zapatillas na pasada edición. A organización prevé superar os 200 participantes, pois o prazo para apuntarse ao Gran Camiño remata o 5 de xullo ás 14.00 horas.

Premios e datos de interese

A organización establece premios en metálico de entre 300 e 75 euros para os cinco primeiros da clasificación xeral tanto na categoría masculina coma na feminina, e de 250 a 50 para os cinco primeiros clubes. Ademais, os tres primeiros, tanto da xeral como de cada categoría, recibirán un trofeo conmemorativo.

O comezo oficial da proba está marcado para as 19.00 horas e ás 21.45 darase o peche á carreira, debendo chegar antes deste momento para clasificar o tempo.

No evento tamén se contará cun servizo de transportes, mediante autobuses que sairán ás 17.15 horas dende a praza de Forcarei en O Pino cunha frecuencia de 15 minutos ata as 18.30 horas que se realizará o último traslado. Desta forma os participantes disporán dun medio de transporte ata a zona de saída da competición.

O Gran Camiño contará con todos os servizos e facilidades das grandes probas de atletismo. Os corredores terán catro puntos de avituallamiento, nos quilómetros 5, 10, 15 e na meta para poder hidratarse e mellorar o seu rendemento no transcurso da proba. Ademais, ao rematar habilitaranse duchas e vestirarios no polideportivo municipal de Reboredo e no campo de fútbol municipal dende as 18.00 ata as 22.30 horas.

Máis información e inscrición en www.emesports.es e www.carreirasgalegas.com

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrese o prazo de solicitudes para a Escola de Verán do concello de O Pino
O programa ‘Vai de praia’ amplía os viaxes ao litoral a todos os martes e sábados de xullo »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés