O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
You are here: Home / Novas / Pequenos e maiores gozaron onte nunha divertida Tarde de Entroido no Pino

Pequenos e maiores gozaron onte nunha divertida Tarde de Entroido no Pino

Novas

28-02-2022
28 Feb
  • O taller de maquillaxe de ollos, o de tatuaxes na pel e o photocall foron os máis demandados por nenas e nenos  ||  

  • Moitas familias animáronse a probar cos xogos tradicionais  ||  

  • A cativada non deixou de bailar e participar nos xogos propostos polo paiaso de Peque Disco Moc Moc  ||  

  • Os malabares pequenos de lume deixaron a algún coa boca aberta  ||  

 

Moito disfrace, moitas ganas de pasalo ben e moita participación. Así poderíase resumir a Tarde de Entroido que onte organizou o Concello do Pino. Ata a praza do Concello achegáronse dende primeira hora moitos nenos e nenas que axiña deixaron claras cales eran as súas propostas favoritas. Os maquillaxe de ollos e os tatuaxes na pel foron dos máis demandados, aínda que durante toda tarde houbo tamén cola para facer figuras con globos ou deseñar e pintar máscaras e complementos para o photocall.

Todo isto dentro da carpa, porque fora moitos papás e mamás animáronse a xogar ao tres en raia, a yenga ou ao mikado durante toda a tarde, mentres a cola para coller un algodón de azucre paracía que non se daba acabado dende que a máquina se puxo a funcionar.

A maioría dos nenos e nenas acudiron disfrazados ata o campo da festa, e non deixaron de participar en todas as actividades. Dun xeito especial cando comezou o espectáculo do paiaso da Peque Disco Moc Moc, que fixo bailar a pequenos e maiores durante unha hora. Os malabares pequenos con lume puxeron un gran colofón a unha tarde divertida e animada coa que o Concello celebrou este ano o Entroido.

Máis fotos na páxina de Facebook do Concello de O Pino (neste enlace).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino celebra este domingo unha Tarde de Entroido divertida para nenas e nenos
A conselleira Ethel Vázquez, a primeira en asinar no ‘Libro da Muller’ con motivo do 8M »

The Council

Meet O Pino

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • News
  • English
  • Galician
  • Spanish