O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A conselleira Ethel Vázquez, a primeira en asinar no ‘Libro da Muller’ con motivo do 8M

News

08/03/2022
8 Mar

A conselleira resaltou na súa mensaxe o traballo e a posta en valor do papel das mulleres galegas “e a súa contribución a construír unha Galicia mellor”  ||   

Comercios do municipio recibiron tamén material da campaña ‘O Pino cara a Igualdade’, que se mantén activa ata o sábado día 12  ||  

Presentouse o III Plan de igualdade de oportunidades e distribuíuse material de sensibilización entre o alumnado do CPI  ||  

 

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, foi a primeira en asinar no Libro da Muller, que forma parte das iniciativas que puxo en marcha o Concello de O Pino para conmemorar o Día Internacional da Muller, e que tamén inclúe a presentación do III Plan de Igualdade de oportunidades e a campaña de sensibilización no comercio local O Pino cara a Igualdade.

Durante a súa visita ao Concello para presentar o proxecto de construción da nova depuradora de Arca, Ethel Vázquez deixou escrito no Libro da Muller: “No Día Internacional da Muller, baixo o lema Avanza con elas, visitamos o Concello de O Pino para presentar o proxecto de saneamento na parroquia de Arca, polo tanto, traballando e poñendo en valor o papel das mulleres galegas e a súa contribución a construír unha Galicia mellor”.

Todas as persoas que desexen deixar reflexadas as súas opinións ou reflexións neste libro, pódense achegar ata as oficinas municipais e escribir nel a súa mensaxe. Traballadoras municipais deixaron xa a súa mensaxe escrita neste libro, ademais de facerse unha foto diante do expositor.

Ademais do libro, hoxe presentouse tamén o III Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2021-2025, unha ferramenta que lle permitirá ao Concello de O Pino seguir a traballar “nas transformacións precisas para garantir o principio de equidade, situado no III Plan de Igualdade, como unha ferramenta de traballo mediante a cal integrar a perspectiva de xénero nas políticas e accións, a través de materialización das diferentes áreas estratéxicas formuladas, que se entrelazan coa pretensión de avanzar na construción dunha sociedade que se asente sobre os piares da xustiza, diversidade e igualdade”, como reflexa o alcalde, Manuel Taboada Vigo na presentación do plan.

Estes foron dous dos apartados mencionados polo alcalde durante a lectura do Manifesto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, e no que se recoñece á violencia de xénero como “unha violación clara dos dereitos humanos e que esixe unha abordaxe global e o compromiso de todas e todos para a erradicación da mesma”.

Outras das accións levadas a cabo estes días e a campaña comercial O Pino cara a Igualdade, coa que se distribuíu material de sensibilización entre os establecementos comerciais. Distribuíronse banners, alfombras, chapas, adhesivos para concienciar e visibilizar a toda a poboación. O alcalde recorda que os locais comerciais do municipio que o precisen teñen a súa disposición nas oficinas municipais máis material desta campaña, que durará ata o vindeiro sábado, 12 de marzo.

Durante a lectura do manifesto, Manuel Taboada recordou que o Concello, a demais das xa mencionadas, ten en marcha programas e actividades, como a escola de verán, que permiten a conciliación laboral e familiar ou a realización de diferentes dinámicas destinadas á poboación infantil e xuvenil que permiten traballar coa educación en valores. Precisamente para fomentar esta sensibilización, o Concello entregou hoxe entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago diferente material.

A programación do Concello de O Pino polo 8M conta con financiamento a cargo do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado e Igualdade e Contra a Violencia de Xénero.

Manifesto íntegro do 8M

Reproducimos íntegro o manifesto lido polo alcalde de O Pino, Manuel Taboada, con motivo do Día Internacional da Muller:

O día 8 de marzo, conmemórase a loita feminina pola súa participación na sociedade, nas mesmas condicións de igualdade que o home, creo que non hai que esquecer que centos de mulleres que, ao longo da historia, reivindicaron o seu dereito ao voto, a igualdade nas condicións laborais e, en xeral, a plena igualdade entre sexos. E grazas a elas faise uso de moitos dos dereitos cuxo exercicio estaba reservado aos homes. Os dereitos que hoxe exercitan as mulleres son a consecuencia das loitas do onte.

A loita pola igualdade, como dicía, vai dando os seus logros, o nivel de equidade alcanzado ao longo dos anos, non creo que o soñasen estas mulleres, aínda así temos que ser conscientes que a pesar destes avances, a discriminación segue sendo un fenómeno presente na nosa sociedade que hai que erradicar, porque aínda que todas e todos somos iguais ante a lei sabemos que a realidade é ben distinta, xa que en moitas ocasións se  invisibiliza  e aínda hai moito camiño que percorrer.

Estes pequenos cambios, enfocados á construción dunha sociedade xusta e igualitaria, e que  os dereitos das mulleres estean garantidos, tradúcense en diferentes programas que se están e van desenvolver   ao longo do ano. Actividades como a escola de verán, que permite a conciliación laboral e familiar ou a  realización de diferentes dinámicas e contacontos destinados á poboación infantil e xuvenil que admiten traballar coa educación en valores.

Traballamos tamén, un tema que é unha das consecuencias máis graves da desigualdade entre homes e mulleres como é a violencia de xénero, xa que debe de ser entendida como unha violación clara dos dereitos humanos e que esixe unha abordaxe global e o compromiso de todas e todos para a erradicación do mesmo.

Hoxe atopámonos aquí para, ademais de conmemorar o  día Internacional da Muller, presentar a programación que temos desde o  Concello para desenvolver ao longo dos próximos meses, programación que pretende dar formación, información e visibilidade sobre temas tan importantes como a igualdade.

O primeiro paso e presentar o  III Plan de  Igualdade de oportunidades entre mulleres e  homes que será o eixo condutor para os próximos 4 anos.

Tamén queremos por a disposición de toda a poboación o libro da muller, onde  as/os  que queiran poderán expresar a súa visión acerca da igualdade de oportunidades. Tamén poderanse facer reseñas sobre mulleres pioneiras (destacando as mulleres do concello de O Pino).

Outra  medida é a campaña  co comercio local “O Pino cara a  Igualdade” que presentamos hoxe e durara  hasta o próximo día 12, a través da repartición de materiais barners, alfombra, chapas, adhesivos….. para concienciar e visibilizar.

Antes de acabar , dicir que temos intención de seguir a traballar nestas liña para que algún día nestas mesmas datas non esteamos a reivindicar os dereitos dás mulleres, se non que esteamos a celebrar unha festa por que por fin logramos os nosos obxectivos.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Pequenos e maiores gozaron onte nunha divertida Tarde de Entroido no Pino
O Trail comarca do Ulla-Tambre celébrase o 3 de abril entre Touro e O Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English