O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

‘O fin do Camiño’ amosa no Pino ata o 3 de decembro as motivacións dos peregrinos para facer a Ruta Xacobea

News

01/12/2019
1 Dec

Explicar “as motivacións e o que senten os peregrinos cando fan o Camiño de Santiago” é o obxectivo que persegue a mostra ‘O fin do Camiño’, promovida polo colectivo Egeria e que, despois de exporse en Santiago foi inaugurada onte na Casa de Cultura de o Pino polo alcalde, Manuel Taboada, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz, e que se poderá visitar ata o 3 de decembro.

“Quen fai o camiño ten unha motivación externa e outra interna, e ao rematar o seu peregrinar dáse conta que remata unha etapa importante da súa vida”,  explicaba Xulio Xiz durante o acto oficial de inauguración.

A mostra está composta por 10 paneis con fotos e textos en galego, castelán e inglés, nos que se fai alusión, entre outros, a temas como ‘O motor da fe’, ‘Hai máis de mil anos’ ou ‘Cara a unha terra de brumas e luz’. O panel que da nome a exposición expresase que “os Camiños que conducen a Compostela teñan unha fin física” delimitada, pois todos acaban diante da tumba do Apóstolo Santiago, para rematar asegurando que nese punto “remata o Camiño físico, o esforzo, o sacrificio. E aquí empeza todo. A fin do Camiño física é o comezo dunha vida diferente”.

Esta exposición vai percorrer o Camiño Francés por Galicia en sentido inverso. Empezou en Santiago, e despois de permanecer no Pino ata o 3 de decembro continuará por Arzúa, Melide ata Pedrafita do Cebreiro entre os meses de decembro e xaneiro. “Despois continuaremos polos outros camiños”, explicou Xiz.

Más fotos no Facebook do Concello de O Pino (Neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Exposición de obras de Luis Seoane feitas a bolillos e degustación de galo piñeiro, o sábado no Pino
Caldo quente de galiña piñeira e galo con patacas para promocionar o Camiño de Santiago »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English