O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Caldo quente de galiña piñeira e galo con patacas para promocionar o Camiño de Santiago

News

01/12/2019
1 Dec

‘Con caldo, pan e viño… faise o Camiño’ é o lema que figuraba na cunca de barro coa que onte se puido degustar caldo de galiña piñeira, dentro da xornada de degustación gratuíta celebrada na Casa de Cultura de Arca dentro dos ‘Itinerarios gastronómicos do Camiño Francés’ que promove a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés.

Nesta ocasión, o restaurante Regueiro de Arca tamén preparou galo con patacas, que tamén puideron degustar os asistentes as dúas exposicións que se poden visitar na Casa da Cultura. Unha delas é a de Ana Rosa Lista Sebe con cadros feitos a bolillos de obras de Luis Seoane, e a outra unha mostra de panéis sobre ‘O fin do Camiño’, que promove o colectivo Egeria.

A xornada de onte foi a última do Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, que en días anteriores tamén se celebrou no Cebreiro, e en Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas, Melide e Arzúa.

Album de fotos no Facebook do Concello de O Pino (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« ‘O fin do Camiño’ amosa no Pino ata o 3 de decembro as motivacións dos peregrinos para facer a Ruta Xacobea
Ana Rosa Lista regala ao Pino o cadro de Luis Seoane ‘O gaiteiro de Arca’ feito de encaixe »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English