O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Charla informativa sobre reciclaxe no Pino antes de implantar o contedor marrón

News

15/12/2023
15 Dec

Unha técnico de Sogama estivo explicando como fomentar a recollida selectiva e que tirar en cada contedor  ||  

O Concello comeza a vindeira semana a repartir o contedor para materia orgánica no núcleo Pedrouzo e entre os locais de hostalaría  ||  

Tamén distribuirá composteiros domésticos para vivendas unifamiliares  ||  

O Concello do Pino comezará a vindeira semana a distribuir o contedor marrón no núcleo de Pedrouzo e entre aqueles locais de hostalaría ou grandes xeradores de materia orgánica que o soliciten. Para facilitar o bo uso e contribuír á reciclaxe en orixe, unha técnica de Sogama impartiu onte unha charla informativa para explicarlle á veciñanza como mellorar a separación de residuos na casa e que se pode tirar en cada contedor.

Aproximadamente o 40% da composición media dunha bolsa de lixo tipo corresponde a materia orgánica, polo que incorporar o contedor marrón para a recollida específica desta fracción posibilita a súa recuperación en forma de abono na correspondente planta de compostaxe de Cerceda.

Ademais de concretar os materiais a depositar no contedor marrón, a técnica explicou a infraestrutura industrial deseñada pola Xunta e executada por Sogama. A materia orgánica deste contedor trátase nunha planta de biorresiduos en Cerceda, na que se produce compost de boa calidade que se utiliza como fertilizante natural na agricultura e na xardinaría.

A partir da vindeira semana, o Concello do Pino instalará o contedor marrón no núcleo urbano de Pedrouzo e tamén llelo facilitará a aqueles establecementos (restaurantes ou grandes xeradores de materia orgánica) que o soliciten. Deste xeito darase cumprimento a lexislación europea para facilitar a recollida selectiva de materia orgánica e que obriga a ter implantado o contedor marrón antes de que remate o ano.

Ademais do colector para materia orgánica, o Concello do Pino vai repartir composteiros domésticos nas vivendas unifamiliares, para facilitar a reciclaxe da materia orgánica e facer compost.

Para facilitar a reciclaxe de forma exitosa, é imprescindible facer unha boa separación na casa, para que o 95% dos materiais que se depositen no contedor marrón sexan compostables.

Que se pode botar no contedor marrón

Na charla de onte, a técnica explicoulle ás persoas asistentes que se pode botar no contedor marrón y que non debemos depositar nel. Aclarou que, se utilizamos bolsas para tirar a materia orgánica, estas bolsas deben ser biodegradables ou compostables.

No contedor marrón pódese depositar:

  • Restos de alimentos:
    • Crus ou cociñados de froitas, verduras, legumes e hortalizas.
    • Restos de orixe animal: carne ou peixe (ósos, carne cocida, restos de peixe e marisco, espiñas, cunchas de mexillón, ameixas, …).
    • Peladuras de patacas.
    • Restos de pasta e arroces.
    • Restos de froitos secos.
    • Sementes e cereais.
    • Ósos de froita.
    • Restos de pan, bolería e galletas.
    • Cortizas de queixo.
  • Papel de cociña usado e panos de mesa de papel (sen restos de aceite).
  • Pousos de café e bolsiñas de infusións.
  • Restos de plantas, flores, follas secas, herba e pequenos restos de poda e hortas.
  • Alpiste
  • Cascas de ovo.
  • Tapóns de cortiza natural.
  • Bolsas compostables.

Non debemos depositar:

  • Aceite de cociña ou calquera outro líquido.
  • Cueiros, compresas e tampóns.
  • Papel hixiénico.
  • Ramas de podas.
  • Restos aspirados ou varridos.
  • Cabichas de tabaco.

Calquera outro material de plástico, vidro, pilas, etc.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« José Fuentes recolle os diplomas para o alumnado do Pino do IV ciclo da Universidade
As orquestras Trebol e París de Noia xuntaron a centos de persoas na Festa da Xuventude do Pino »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English