O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

José Fuentes recolle os diplomas para o alumnado do Pino do IV ciclo da Universidade

News

13/12/2023
13 Dec

Unha ducia de persoas participaron nos seminarios de Camiños de coñecemento e experiencia celebrados en abril  ||  

A vicerreitora Pilar Murias destacou a súa actitude por aprender e animounos a seguir participando nesta iniciativa  ||  

O Concelleiro José Fuentes co alumnado do Pino do IV Ciclo da USC

 

Veciñas e veciños do Pino que estiveron participando este curso no Programa universitario para maiores de 50 anos Camiños de coñecemento e experiencia da Universidade de Santiago acudiron este martes ao paraninfo da USC a recoller os seus diplomas. Dez persoas que se formaron no IV Ciclo desprazáronse ata Santiago acompañados polo concelleiro José Fuentes.

No Pino foron unha ducia as persoas que durante o mes de abril acudiron aos seminarios impartidos na casa da cultura sobre a carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán, sobre os dereitos dos consumidores e servizos no fogar, ou sobre o idadismo, a discriminación por razóns de idade.

O acto de clausura celebrouse en Compostela, no Paraninfo da USC, e estivo presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, que agradeceu a presencia de 300 dos máis de 610 alumnos matriculados no IV ciclo da universidade. Murias destacou a actitude do alumnado pola súa gana de saber e facer cousas novas e animounos a seguir participando na vindeira edición.

José Fuentes foi o encargado de recoller os diplomas correspondentes ao alumnado do Pino. Tras o acto, todos os asistentes puideron gozar no Teatro Principal coa representación da obra “As vellas non deben namorarse”.

 A directora do Programa universitario de maiores IV Ciclo, Esther Olveira, agradeceu a colaboración dos 28 concellos que participaron nesta iniciativa da USC, e de xeito especial ao persoal municipal que se implicou directamente no programa. Nesta edición de Camiños de coñecemento e experiencia participaron 610 estudantes das catro provincias galegas, procedentes de catorce concellos da provincia da Coruña, oito da provincia de Lugo, cinco da provincia de Pontevedra e un da provincia de Ourense.

No acto de clausura tamén participaron o subdirector xeral de Atención sociosanitaria e innovación asistencial da Consellería de Política Social, José Javier Ventosa, e o profesor da Universidade de Vigo Victoriano Nodar.

O concelleiro José Fuentes recollendo os diplomas do alumnado do Pino no Paraninfo da USC

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Sorteo público para adxudicar as prazas da Campaña da Neve 2024
Charla informativa sobre reciclaxe no Pino antes de implantar o contedor marrón »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English