A música das orquestras Trebol e París de Noia xuntaron na Festa da Xuventude do Pino a centros de persoas de todas as idades que gozaron e bailaron no campo da festa habilitado en Arca.
A iniciativa, promovida polo goberno municipal, ten como obxectivo “ofrecerlle a mocidade unha opción de ocio no noso municipio”, segundo declarou o concelleiro de Xuventude, Borja Castro
A velada arrancou coa actuación da Orquestra Trebol e, pouco despois da medianoite, a París de Noia ofreceu o seu espectáculo ‘La gira de la ilusión’, con moito ritmo e colorido.