O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Catro atletas do Pino suben ao podio na fase comarcal do campionato de cros escolar

News

30/11/2018
30 Nov

Podio cadete masulino, co gañador, Fernando Franco, no centro na primeira fila

Un animado ambiente e unha sá competitividade reinaron esta mañá na área recreativa da Magdalena, durante a celebración da fase comarcal do Campionato galego de cros escolar que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte. Catro atletas do Pino conseguiron podio en tres das categoría, entre os que Fernando Franco gañou a proba de cadetes. (Album de fotos neste enlace)

Dos 700 atletas que esta mañá competiron nas oito categorías, 64 conseguiron clasificarse para a fase zonal que se disputará en Santiago o vindeiro 19 de xaneiro. Os oito primeiros clasificados en cada unha teñen xa a praza asegurada. A eles se sumarán algúns equipos, dos que aínda se descoñece o nome.

Organizada polo Concello de O Pino, a Federación Galega de Atletismo e a Secretaria Xeral para o Deporte a través da Agrupación Deportiva La Parra, nas probas de hoxe participaron atletas das categorías benxamín ata cadete (masculino e feminino) dos centros escolas CPI Camiño de Santiago (O Pino), CEIP e IES de Arzúa, CPI Ponte Carreira (Frades), CEIP Mesón do Vento (Ordes), Xelmírez I e Apóstolo Santiago (Compostela), CEIP A Ramallosa (Teo), CPI Fonte Díaz (Touro) e CEIP Ortigueira (Vedra).

Sara Vázquez, a esquerda diante, quedou terceira en cadete feminino

Os tres primeiros clasificados por categoría

Os tres primeiros clasificados en cada categoría foron:

Benxamín feminino: Carlota Blanco, Laura Mella e Irene López (as tres de Touro)

Benxamín masculino: Mateo Cancela (Touro), Jonatan Romero (Santiago), e Xabi Varela (Arzúa).

Alevín feminino: Natalia Argibay (Frades), Asunción Queijo (Touro) e Ariadna Gómez (Teo)

Alevín masculino: Anxo Suárez (Ordes), Juan Mella (Touro) e Markel González (Arzúa).

Infantil feminino: nara Sanmartín (Santiago), Nerea Martínez (Touro) e Mara González (Teo).

Infantil masculino: Yago Iglesias (Santiago), Xoel Blanco (O Pino) e Martín Iglesias (Arzúa).

Cadete feminino: Enma Argibay (Frades), Irena León (Touro) e Sara Vázquez (O Pino)

Cadete masculino: Fernando Franco (O Pino), Costel Birsanu (Arzúa) e Alex Ventosa (O Pino).

Pódese ver o álbum de fotos no Facebook do Concello (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A fase comarcal do Campionato galego de campo a través escolar reúne en O Pino a 700 atletas
Caldo quente de galiña piñeira na degustación para promocionar o Camiño de Santiago »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English