O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

A fase comarcal do Campionato galego de campo a través escolar reúne en O Pino a 700 atletas

News

29/11/2018
29 Nov
A área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, volve a ser escenario este ano a fase comarcal do Campionato galego de campo a través escolar, na que competirán 700 atletas de 8 a 14 anos de centros escolares de O Pino, Arzúa, Frades, Ordes, Santiago, Teo, Touro e Vedra.
Este campionato forma parte das actividades da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A fase comarcal está organiza conxuntamente co Concello de O Pino, a Federación Galega de Atletismo e a propia Secretaria Xeral a través da Agrupación Deportiva La Parra.
Nas probas da Magdalena, que se desenvolverán entre as 11.00 e as 12.15 horas, compiten alumnos e alumnas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino en todas elas) dos centros escolas CPI Camiño de Santiago (O Pino), CEIP e IES de Arzúa, CPI Ponte Carreira (Frades), CEIP Mesón do Vento (Ordes), Xelmírez I e Apóstolo Santiago (Compostela), CEIP A Ramallosa (Teo), CPI Fonte Díaz (Touro) e CEIP Ortigueira (Vedra).
Os equipos e atletas que obteñan mañá os mellores resultados no Pino clasificaranse para a fase zonal, que se celebrará en Santiago o 19 de xaneiro do vindeiro ano. Para determinar a posición dos equipos puntúan os catro primeiros clasificados nas categorías benxamín, alevín e infantil, e os tres primeiros en cadete. Tamén pasarán a fase zonal os atletas clasificados nos postos 1 a 8 se non pertencen a ningún equipo.
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino inicia o Nadal Benéfico este sábado con teatro e unha degustación gastronómica
Catro atletas do Pino suben ao podio na fase comarcal do campionato de cros escolar »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English