O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galician
  • Spanish
  • English
Sede electrónica
  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism

Caldo quente de galiña piñeira na degustación para promocionar o Camiño de Santiago

News

02/12/2018
2 Dec

Unha boa cunca de caldo quente de galiña piñeira foi onte a protagonista da xornada de degustación organizada na casa de cultura de Arca dentro do Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, que promove a Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés en Galicia para promocionar os produtos locais dos municipios polos que pasa esta ruta xacobea.

Para a ocasión, o restaurante Regueiro, de Arca, preparou unha pota dun excelente caldo de galiña piñeira, que os participantes degustaron con agarimo, iso sí, despois de deixalo arrefriar uns intres. Acompañado de empanada, xamón e tortilla, veciños e visitantes destacaron o intenso sabor do caldo, mentres conversaban sobre a excelente representación teatral que o Club de Maiores de Boqueixón acababa de facer no auditorio da casa de cultura.

A xornada de onte foi a última do Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, que en días anteriores tamén se celebrou no Cebreiro, e en Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas, Melide e Arzúa, baixo o lema ‘Con caldo pan e viño… faise o Camiño’.

Máis fotos no Facebook do Concello (preme aquí).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Catro atletas do Pino suben ao podio na fase comarcal do campionato de cros escolar
O publico de O Pino escacha a risas coas ‘Urxencias’ do Club de Maiores de Boqueixón »

The Council

  • The Mayor
  • The Council – Contact
  • Corporación Municipal

Meet O Pino

  • Situation, Geography, Economy
  • Historical Figures
  • Parishes

Download the Tourism App

Legal

  • Legal notice
  • Privacy Policy
  • Cookies policy

Contact

O Pino Council
Address: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Phone: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Home
  • The Council
    • The Mayor
    • The Council – Contact
    • Corporación Municipal
  • Meet O Pino
    • Situation, Geography, Economy
    • Historical Figures
    • Parishes
  • Services
  • Action Areas
  • Tourism
  • Galician
  • Spanish
  • English