O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / ‘Camiños de coñecemento e experiencia’ achega a formación universitaria aos maiores de 50 anos no Pino

‘Camiños de coñecemento e experiencia’ achega a formación universitaria aos maiores de 50 anos no Pino

Novas

25-08-2020
25Ago

O Concello do Pino participa no proxecto Camiños de coñecemento e experiencia, xunto con outros 16 municipios da Coruña e Pontevedra. Trátase dun programa de formación universitaria dirixido ás persoas maiores de 50 anos e desenvolverase durante cinco días do vindeiro mes de setembro no centro sociocultural Luis Seoane, en Pedrouzo.

Varios temas culturais e científicos centran as cinco xornadas formativas. O ciclo ábrese o día 21 cun seminario sobre a construción das personaxes no teatro a cargo de Beatriz Porrúa Refojo, e segue o 22 cunha charla sobre a Universidade de Santiago na historia de Galicia, a cargo do profesor Anxo Rodríguez Lemos. Beatriz Porrúa volve o día 23 para impartir un obradoiro de teatro, mentres que a profesora de Ciencias Políticas Ana Moure Soengas será a encargada dos relatorios dos días 24 e 25, sobre introdución á criminoloxía e a análise de pegadas dactilares, respectivamente. As sesións levaranse a cabo entre as catro e media e as seis da tarde.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino. Camiños de coñecemento e experiencia forma parte do IV Ciclo Universitario da Universidade de Santiago, entidade que organiza o programa co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña. Na edición de 2020 articipan os concellos do Pino, A Estrada, Arzúa, Boiro, Lalín, Lousame, Melide, Muros, Noia, Ordes, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Teo e Vedra.

Icon

Folleto: Camiños de coñecemento e experiencia 2020

1 file(s) 2.20 MB
Download
Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Manuela Mecías, Ramona Varela, Mercedes Santos e José Vaamonde entran no club de centenarios de O pino
O Concello de O Pino remata a obra ‘Camiño de Agrolongo a Pulleira’, cofinanciada polo Feader »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego