O Concello de O Pino vén de rematar a obra que vai dende Camiño de Agrolongo a Pulleira (parroquia de Lardeiros), que dá acceso a parcelas agrícolas e a instalacións agrícolas e gandeiras. A obra consistíu na limpeza de gabias en ambas marxes e na mellora do firme. Supuxo un investimento de 40.516,00 euros, cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).