Concello de O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas

Axudas para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral do Camiño de Santiago

Novas

15/07/2019
15 Xul

A Xunta de Galicia (Instituto Galego da Vivenda e Solo) convoca axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas que estean situados nas parroquias polas que pasan os Camiños de Santiago: Arca, Castrofeito, Cerceda, Ferreiros (San Breixo e S.Mamede), Gonzar, Medín, Pereira e O Pino.

As solicitudes poderanse presentar ata o 31 de outubro de 2019, salvo que previamente se esgote o orzamento.

Para poder contar coas axudas ARI é requisito imprescindible contar coa cualificación definitiva outorgada polo IGVS. Esta cualificación obtense despois de realizar as obras de rehabilitación, para as que previamente deberá posuírse a cualificación provisional. O prazo para a solicitude de cualificación provisional e definitiva abriuse o pasado 3 de xullo e pódense solicitar ambas cualificacións ata o 31 de decembro de 2021.

Ademais de quen obteña a cualificación definitiva en 2019, poderán solicitar estas axudas as persoas e entidades que, estando en posesión da cualificación definitiva da actuación conforme á normativa da prórroga do Plan 2013-2016, non obtiveran a subvención con anterioridade, salvo nos supostos en que lle fora denegada por non cumprir os requisitos esixidos.

Beneficiarios das actuacións

No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán solicitar a cualificación provisional:

  • As comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias.
  • As agrupacións de propietarios.
  • As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

Contía das axudas

As axudas do plan de vivenda son as seguintes:

A contía das axudas non poderá superar o 40 por cento do importe subvencionable da actuación. Este límite incrementase ata o 75 por cento se os ingresos da unidade de convivencia promotora da actuación e residente na vivenda son inferiores a tres veces o IPREM ou, cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

Dentro deste límites, o importe das axudas serán de:

– Ata 12.000 euros por vivenda para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética. No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, incrementarase esta contía con 120 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

– Ata 8.000 euros por vivenda para actuacións de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas. No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, incrementaranse estas contías con 80 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

– Ata 30.000 euros, por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.

O importe destas axudas incrementaranse nun 25 por cento cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores, son as seguintes:

– Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación e/ou renovación, sen que a subvención poida exceder do 10 por cento do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio.

– Ata 1.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación e/ou renovación, sempre que se adapten á “Guía de cores e materiais” aprobada pola Xunta de Galicia.

Os documentos para poder optar á subvención ARI pódense consultar na sección de formularios nesta web ou nos documentos adjuntos.

Para poder solicitar á subvención é preciso obter a cualificación definitiva do IGVS, pero primeiro, deberase proceder a solicitar a cualificación provisional:

Icon

Anexo III Solicitude cualificación provisional

1 file(s) 1.11 MB
Download
Icon

Anexo V Cerificación de comunidade cualificación provisional

1 file(s) 513.50 KB
Download
Icon

Anexo VI Persoas propietarias cualificación provisional

1 file(s) 518.88 KB
Download

Tras a rehabilitación, é necesaria a cualificación definitiva, que se obtén cos seguintes formularios:

Icon

Anexo IV Solicitude cualificación definitiva

1 file(s) 1.06 MB
Download
Icon

Anexo VII Relación facturas cualificación definitiva

1 file(s) 533.50 KB
Download

Estes serían os anexos para solicitar a subvención, unha vez teñan concedida a cualificación definitiva outorgada polo IGVS:

Icon

Solicitude Subvención Anexo I

1 file(s) 1.23 MB
Download
Icon

Solicitude Subvención Anexo II

1 file(s) 648.52 KB
Download
Icon

Solicitude Subvención Anexo III

1 file(s) 686.02 KB
Download
Icon

Solicitude Subvención Anexo IV

1 file(s) 730.50 KB
Download

Normativa: Resolución do 20 de xuño de 2019 (DOG do 2 de xullo) Resolución do 2 de xullo de 2019 (DOG do 10 de xullo)

Icon

Convocatoria subvención 2019 Camiños de Santiago

1 file(s) 846.07 KB
Download
Icon

Bases reguladoras relativas ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago

1 file(s) 837.72 KB
Download

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O goberno de O Pino reduce as dedicacións a dúas e mantén os salarios da anterior lexislatura
Aberto o prazo de solicitude de axudas para o apoio ao emprendemento feminino do programa Emega »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

  • Concello de O Pino
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
    • Revista Faísca
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Sede Electrónica Concello O Pino
    • Contratación
    • Actividades
    • Concursos
    • Axudas e subvencións
    • Urbanismo
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés