O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Aberto o prazo de solicitude de axudas para o apoio ao emprendemento feminino do programa Emega

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o apoio ao emprendemento feminino do programa Emega

Novas

16-07-2019
16 Xul

A Secretaría Xeral de Igualdade, xunto co Fondo Social Europeo, abre o prazo de solicitude de subvencións para apoiar o emprendemento feminino baixo o programa Emega. Esta iniciativa está composta dun conxunto de axudas dirixidas a respaldar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, entre outras accións complementarias. O prazo de presentación de solicitudes para as 5 liñas de axuda que compoñen o programa remata o vindeiro luns 5 de agosto.

Deste xeito, o programa Emega comprende as seguintes líneas de axuda:

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 8.000 a 20.000 euros)
  • Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora. (De 12.000 a 20.000 euros)
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para conseguir o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. Ditas medidas non poderán supoñer, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea. (De 6.000 a 15.000 euros)
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. (De 16.000 a 40.000 euros)
  • Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras (3.00 euros) e  e Concilia-persoas traballadoras por conta allea (De 1.000 a 5.000 euros).

Por conseguinte, as beneficiarias das axudas do programa Emega son mulleres que inicien a súa actividade, ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 1 de agosto de 2018  e o fin do prazo de presentación de solicitudes ao amparo desta convocatoria (5 de agosto de 2019), sempre e cando cumpran todos os requisitos e condicións indicados nas bases do programa.

As interesadas poderán atopar toda a información detallada da convocatoria (documentación a entregar, bases do programa, prazos, cuantías económicas, anexos…)  na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

 

 

Tweet
Share20
Share
Pin
20 Shares
« Axudas para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral do Camiño de Santiago
Nenas e nenos de 4 a 13 anos que queira participar no Pescapino deben anotarse ata o martes 23 de xullo »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés