O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Apróbanse as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro e asociacións de labregos, forestais e de cazadores

Apróbanse as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro e asociacións de labregos, forestais e de cazadores

Novas

11-03-2021
11 Mar
  • Destinaranse aos investimentos que se fagan durante o presente ano 2021 en construcións, maquinaria ou equipos informáticos //

Axudas a asociacións gandeiras, labregas, agrarias ou de cazadores

A Deputación da Coruña vén de aprobar as bases reguladoras de dúas liñas de axudas dirixidas, por un lado, a asociacións agrarias, labregas, gandeiras, forestais e de cazadores, e polo outro, a entidades sen ánimo de lucro como asociacións profesionais, de veciños ou mulleres do rural, ademais de cámaras de comercio e organismos de carácter comercial e empresarial. O orzamento total para ámbolos programas é de 418.000 euros.

As subvencións cubrirán entre o 20% e o 80% dos investimentos que se fagan durante o ano 2021 en construcións, maquinaria e útiles ou equipos informáticos. Quedan fóra da convocatoria as páxinas web.

As maiores achegas, dotadas de 300.000 euros, destinaranse as asociacións sen ánimo de lucro, que poderán percibir un mínimo de 1.200 euros e un máximo de 28.000.

As subvencións para colectivos labregos e de cazadores acadan os 118.000 euros. Cada entidade poderá recibir entre 1.000 e 24.000 euros.

As solicitudes deberán presentarse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña a través da plataforma Subtel. O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio da convocatoria que se publicará no BOP.

As bases publicadas hoxe no BOP pódense consultar premendo nesta ligazón (asociacións gandeiras, labregas, agrarias, forestais e de cazadores) e nesta outra (entidades sen ánimo de lucro).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Ábrese o prazo para que persoas autónomas e pequenas empresas soliciten as axudas do PEL 2021
O xulgado ratifica a validez do pleno do POS de decembro de 2019 e imponlle o pago de costas ao PSdeG »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán