O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

Acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboral

Novas

28-01-2014
28 Xan

O abeiro da  Orde do 14 de xaneiro de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convócase, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación mediante a acreditación de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

Ese recoñecemento e avaliación das competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, realízase mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación. O obxectivo é contribuír ao recoñecemento dos saberes das persoas traballadoras e o fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

A convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2014, na Comunidade Autónoma de Galicia, refírese ás unidades de competencia  das familias profesionais de: administración e xestión, artes gráficas, electricidade e electrónica, edificación e obra civil, fabricación mecánica, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, informática e comunicacións, instalación e mantemento, madeira e moble, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade e transporte e mantemento de vehículos.

Requisito, entre outros, para participar no procedemento:

Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:

  •  Xustificar polo menos 3 anos de experiencia laboral (cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total) nos últimos 10 para unidades de competencia de niveis II e III; para unidades de competencia de nivel I, deberanse xustificar cando menos 2 anos de experiencia laboral (cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total).
  • Xustificar, en canto á formación, polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 21 de febreiro de 2014

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Axudas do IGAPE para a creación de empresas
Xornada intermunicipal de badminton »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego