O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / ‘A morte de Benito’ foi a mellor comparsa no Pino, e ‘Os trolls’, o disfrace máis orixinal

‘A morte de Benito’ foi a mellor comparsa no Pino, e ‘Os trolls’, o disfrace máis orixinal

Novas

04-03-2019
4Mar

O espírito do Entroido no Pino foi onte máis forte que a choiva, e non impediu que un cento de persoas se subira ao escenario para participar no concurso de disfraces que organizou o Concello, no que repartiu máis de 1.700 euros en premios. Houbo parodias para todos os gustos, dende dous enterros e dúas sobre o Sergas, ata drag queens, pasando polos Simpson, indios, unha granxa de pitos, astrounautas, vellas, unha reunión mundial de sogras e ata persoaxes cinematográficos como o cazapantasmas, a Máscara ou Cruella de Vil (album de fotos no facebook do Concello, neste enlace).

Durante máis de dúas horas os participantes estiveron desfilando e actuando, nuns casos debaixo da carpa montada na praza do concello, e que onte se fixo imprescindible para resgardarse algo da choiva, e noutros, subindo ao escenario. E para combater o frío, o alumnado de cuarto da ESO do CPI Camiño de Santiago tiña unha mesa con chocolate quente para quen quixera colaborar coa excursión de fin de curso.

E foi precisamente a parodia que organizou o alumnado de cuarto da ESO a que, despois dunha longa deliberación, convenceu ao xurado para que lle dera o primeiro premio na categoría de comparsas a ‘O enterro de Benito’, un cortexo fúnebre moi especial no que non faltou a música en directo, batería incluída, de parte dos asistentes deste particular funeral, que ata se puxeron a bailar arredor do féretro.

O premio ao disfrace máis orixinal recaeu nos ‘Trolls do Pino’, que encheu de colorido a praza do concello, algo que tamén fixeron os ‘Indios das neves’ coas súas rechamantes vestimentas, e as ‘Drag runners’, que subiron ao escenario para facer estiramentos sobre unha plataformas que non sempre lles permitía manter o equilibrio, e que lles valeu o premio ao mellor grupo. ‘Os Simpson’ chegaron á praza do Concello co señor Burns metido no maleteiro do seu coche tuneado, e levaron o premio á mellor carroza, unha aportación que regalarían máis tarde para contribuír coa excursión de fin de curso de cuarto da ESO.

No apartado de parellas, o humor dos ‘Jorrillas’, que apareceron nun cortacéspede con remolque e os seu consello final de que hai que “ser lejales” serviulles para levar o primeiro premio neste apartado.

‘O astronauta’, que chegou ao Pino con pouco gas para facer despegar o seu cohete, e ‘A velliña’, á que lle costaba moito dar un paso, mereceron, segundo o xurado, o primeiro e segundo premio na categoría individual dun concurso de disfraces que estivo moi animado.

Antes da entrega de premios, na que participaron membros do equipo de goberno, déronse os agasallos aos participantes no concurso de carteis de Entroido que organizou un ano máis o Concello. Nesta ocasión, os premiados foron: a aula de 6º de Infantil do CPI Camiño de Santiago; Paula Villamor Martínez, na categoría de 6 a 8 anos; Carla Fandiño Iglesias, na de 9 a 11 anos, e Jacobo García Ríos, na categoría de ESO, de 12 a 17 anos.

Máis fotos no facebook do Concello, neste enlace).

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Convocatoria de subvencións para a realización de actividades e investimentos de promoción económica
Medio Ambiente aporta 150.000 euros para catro illas de contedores soterrados en Arca »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés