O Pino

+34 981 511 002correo@opino.gal
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home /Novas / Medio Ambiente aporta 150.000 euros para catro illas de contedores soterrados en Arca

Medio Ambiente aporta 150.000 euros para catro illas de contedores soterrados en Arca

Novas

05-03-2019
5Mar

A Consellería de Medio Ambiente vai aportar algo máis de 150.000 euros para que o Concello de O Pino complete o soterramento dos contedores do lixo en Arca coa finalidade de mellorar a imaxe que ofrece a capital municipal aos milleiros de peregrinos que cada ano pasan por ela, e tamén dotar de mellores servizos á veciñanza, sobre todo aos hostaleiros, reducindo ademais os malos olores que soen provocar os contedores de superficie no verán.

A inversión total do proxecto ascende a 214.975,51 euros, dos que a consellería aporta 150.552 e o concello 64.422 euros, para instalar catro novas illas de contedores soterrados na avenida de Santiago, o tramo da N-547 que atravesa Arca. As obras acometeranse este ano, e permitirán instalar dúas illas a cada marxe da estrada, co que se completará un dos proxectos que o Concello tiña para mellorar a imaxe de Arca.

O convenio de colaboración foi asinado entre o alcalde, Manuel Taboada, e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e vénse sumar ás fases anteriores na que xa se instalaron seis illas de contedores soterrados. Os últimos colocáronse o ano pasado cunha inversión de 45.000 euros financiados pola Secretaria Xeral de Turismo, que están situados enfronte da avenida da Igrexa. As novas illas colocaranse dende este punto ata o final da recta, en dirección Santiago.

Segundo o convenio asinado, o Concello será o responsable de redactar o proxecto e poñer a disposición da Consellería os terreos necesarios. Pola súa banda, dende a Xunta de Galicia contratarase a obra e financiarase na súa maior parte. Una vez rematadas e recibidas as obras, o Concello será o responsable do seu mantemento futuro.

Unha vez remate esta fase, levaranse investido case medio millón de euros na colocación de contedores soterrados en Arca. Nunha primeira fase, financiada tamén pola Consellería de Medio Ambiente, o investimento acadou os 200.000 euros para colocar cinco illas (catro na avenida de Santiago e outra na praza do Concello) durante o ano 2017. O ano pasado colocouse outra illa máis na avenida de Santiago, cun investimento de 45.000 euros, aos que agora se sumarán outros 215.000 euros para completar esta actuación con outras catro zonas de contedores soterrados.

Segundo o alcalde, Manuel Taboada, este proxecto ten como finalidade “mellorar a imaxe que damos aos peregrinos e, ao mesmo tempo, evitar a presenza de insectos arredor das terrazas dos establecementos de hostalaría, mellorando así a salubridade e evitando os malos cheiros que hai arredor dos colectores de superficie, sobre todo no verán”. A intención do goberno municipal é agora ampliar a colocación de contedores soterrados noutras rúas da capital municipal na que hai máis afluencia de turistas.

Tweet
Share43
Share
Pin
43 Shares
« ‘A morte de Benito’ foi a mellor comparsa no Pino, e ‘Os trolls’, o disfrace máis orixinal
Axudas dirixidas ás pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

Política de cookies
A nosa web utiliza cookies propias e de terceiros para fins estritamente funcionais, permitindo a navegación na web, así como para fins analíticos, para optimizar a web. Para administrar ou deshabilitar estas cookies faga click en Configuración de Cookies. Pode obter máis información na nosa Política de Cookies. Pulse o botón Aceptar Cookies para confirmar que leu e aceptou a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos mostrarlle esta mensaxe, excepto no caso de que borre as cookies do seu dispositivo.
Configurar / RexeitarAcepto
Política de cookies

Política de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para millorar a sua experiencia mentres navega polo sitio web. De estas cookies, as que categorízanse como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son imprescindibles para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender cómo utiliza o sitio web. Estas cookies amacenaránse no seu navegador so co seu consentimento. Vostede tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Nembargantes, o feito de optar por non utilizar algunhas destas cookies pode ter un efecto na sua experiencia de navegación.
Necesarias
Always Enabled

As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría so inclue cookies que garantizan as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.

Non-necesarias

Calquera cookie que non sexa particularmente necesaria para o funcionamento do sitio web e que se utilice específicamente para recopilar datos persoais do usuario a través da análise, anuncios ou otros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de utilizar estas cookies no seu sitio web.

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés