O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / A Feira Celta e a exposición de galos piñeiros vivos enche o Pino de ambiente festivo

A Feira Celta e a exposición de galos piñeiros vivos enche o Pino de ambiente festivo

Novas

03-08-2019
3 Ago
  • Máis don cento de exemplares de raza piñeira poderanse contemplar durante a fin de semana

  • Espectáculos de lume, malabares, seres mitolóxicos, numerosos oficios, carrusel a pedais, un barco pirata e a exhibición de cetrería enchen de colorido a praza de Forcarei

  • Mañá será o día grande da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar

O Pino está a vibrar esta fin de semana coa celebración da Feira Celta, que onte pola noite congregou a numerosos veciños e visitantes na praza de Forcarei para contemplar tanto as exhibicións de cetrería como o espectáculo de lume. Un ambiente que continuará durante toda a xornada de hoxe e ao que se lle suma a feira de galos e galiñas piñeiras vivas, que este ano se celebra por primeira vez durante dous días. Mañá será o día grande coa celebración da XX Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, con numerosas actividades dende ás dez da mañá.

O trío TreeFolk empezou onte a animar coa súa música a Feira Celta na praza de Forcarei, que foi collendo vida coas exhibicións de cetrería, os espectáculos de malabares de Humans no Limits, a visita dos faunos e dos seres mitolóxicos para rematar cunha espectáculo de acrobacias e de lume que recibiu numerosos aplausos.

A Feira Celta volve contar este ano con atractivos para todas as idades. Dende a exposición de diferentes oficios, como os cesteiro, zapateiros, teares, creación de cencerros e de corcho, ata postos de artesanía e de alimentación para todos os gustos. Para os máis pequenos hai xogos tradicionais, unha barca pirata e tamén un carrusel a pedais, ademais dun taller de maquillaxe, que onte xa probaron algúns e algunhas para asemellarse ás bolboretas.

O mercado continuará aberto pola mañá ata as dúas e, dende as seis da tarde, encherase de novo de actividades co pasarrúas musical (18.30), a visita dos personaxes fantásticos (19.15), a exhibición de cetrería (20.15) o minotauro e a diosa Jade (22.00) para pechar ás 22.45 co espectáculo Phyros, de lume e acrobacias.

Feira de Galos Piñeiros vivos

E mentres tanto, xa dende primeira hora, nunha carpa situada preto da praza de Forcarei, a Asociación de Galo Piñeiro (Agalpi) e o concello empezaban a inscribir aos galos e galiñas desta raza típica de O Pino nun concurso que, segundo o presidente da asociación, Daniel Fernández, espera xuntar máis de 100 exemplares. Por primeira vez nos 20 anos de historia da festa do Galo Piñeiro, o concurso de galos vivos vaise celebrar durante dous días e non terá premios en metálico.

Un xuíz nacional “de acreditado prestixio”, segundo Daniel Fernández, será o encargado de elixir aos mellores exemplares de galos e galiñas piñeiras en cada unha das tres modalidades do concurso: aperdizado, asalmonado e branco. Os dous mellores galos e galiñas de cada modalidade recibirán un diploma acreditativo. “Aos criadores interésanos máis o diploma, acreditar o pedigrí e a calidade dos nosos exemplares, que o premio en metálico”, explicaba o presidente de Agalpi. Durante toda a tarde de hoxe e mañá pola mañá, o xuíz analizará un a un todos os animais que se presentan ao concurso. Os premios en metálico resérvanse

Mañá: Pregón, xantar popular e maxia

O día grande desta XX Festa do Galo Piñeiro chegará mañá, domingo. As 10.00 abrirase a segunda xornada de galos e galiñas piñeiras, a unha da tarde haberá degustación gratuíta do rei da festa na praza de Forcarei, que seguirá moi animada con todos os espectáculos da Feira Celta.

As 14.00 o xornalista da TVG Terio Carrera lerá o pregón desta vixésima edición da Festa do Galo e darase a coñecer o nome dos gañadores da feira de galos e galiñas piñeiras vivos, para continuar cun xantar popular no que participarán unhas 1.500 persoas, que pola tarde poderán gozar co espectáculo ‘A maxia no Camiño’.

O Mago Antón, Mago Richard e Kiko Pastur ofrecerán cinco pases do seus espectáculo a todas as persoas que queira gozar da boa maxia. Serán ás 16.00, 17.00, 18.00 19.00 e 20.00 horas.

Mostra cabalar

E de xeito paralelo a esta intensa xornada, dende ás 10.00 horas celebrarase tamén a vixéxima edición da Mostra Cabalar, na que se repartirán 4.000 euros en premios nas 17 categorías organizadas, entre as que destaca o galardón especial FAÍSCA ao mellor cabalo ou éoga de pura raza española nado e criado en Galicia, que protagonizará o cartel da XXI Mostra Cabalar.

A xornada pechará co espectáculo ecuestre “Único” a cargo da Escuela de Equitación El Centauro, de Valladolid, que, dende as sete da tarde, deleitará aos alí presentes con pases de marcha, capotes e saltos, entre outras moitas habilidades ecuestres.

Album de fotos no facebook do Concello de O Pino (neste enlace)

 

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« A fin de semana máis emblemática de O Pino comeza o venres ás 18:00 horas coa Feira Celta
O Festa do Galo Piñeiro distingue a Lucas Magadán como mellor criador e a José Ramón Cillero co premio ao mellor galo aperdizado »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán
  • Inglés