A actividade formou parte dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día da Muller // A mañá rematou coa lectura do manifesto institucional polo 8M //
Unha vintena de veciñas e veciños, entre os que se atopaba o alcalde, desafiaron o frío e os chaparróns intermitentes para participar na organizada polo Concello do Pino no marco dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día da Muller.
Seguindo o Camiño Francés e canda un bo número de peregrinos, os camiñantes percorreron nesta mañá de sábado os 11,400 Km, que separan Ponte Ferreiros do centro sociocultural Luis Seoane, de onde partiron en autobús pasadas ás 10.30 horas.
A mañá rematou co aplauso que seguiu á lectura do manifesto institucional polo 8M, que correu a cargo do alcalde. Manuel Taboada avogou unha vez máis porque a igualdade chegue a todos os ámbitos da sociedade e ratificou o compromiso do Pino na loita contra todo tipo de discriminación por razón de xénero.
Un concerto da Banda de Música de Arca poñeralle fin esta tarde no centro sociocultural Luis Seoane aos actos programados polo Día da Muller.
Por outro lado, o comercio local exhibe estes días nos seus escaparates carteis co lema “O Pino cara á igualdade”, distribuídos polo Concello do Pino para sensibilizar á veciñanza.