O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a María Caneda, Juan Vaamonde, Abelardo García e Alfredo Mosquera

O Pino rende homenaxe na Xuntanza dos Maiores a María Caneda, Juan Vaamonde, Abelardo García e Alfredo Mosquera

Novas

29-07-2023
29 Xul

Con 94 e 95 anos foron dos asistentes con máis idade a unha festa que xuntou a unhas 900 persoas na área recreativa da Madalena ||
O concerto da Banda de Música de Arca abriu o programa e o duo Eva e Camilo encargouse de animar a sobremesa ||

Os homenaxeados, sentados, pola esquerda: Juan Vaamonde, Abelardo García, María Caneda e Alfredo Mosquera

 

As persoas maiores do Pino demostraron ter ganas de participar na vixésimo quinta edición dunha festa coa que o Concello quere agradecer e recoñecer o traballo que desenvolveron durante toda a súa vida. Antes do xantar de confraternidade, o alcalde, Manuel Taboada, entregoulle sendos recoñecementos a catro das persoas de máis idade presentes na Xuntanza dos Nosos Maiores, que naceron entre 1927 e 1929.
Nesta edición, as placas conmemorativas e as homenaxes foron para María Caneda Pereira, veciña de Ferreiros (Cimadevila, Frechazo Primeiro), que cumprirá 96 anos o vindeiro mes de setembro; para Juan Vaamonde Buján, da parroquia do Pino (Leborán Grande), de 95 anos; para Abelardo García Blanco, natural de Cerceda, de 94 anos, e para Alfredo Mosquera Barreiro, de Budiño (Pazos de Abaixo), que acaba de soprar as 94 velas o pasado mes de maio. Ademais dos recoñecementos que lles entregou o equipo de goberno, recibiron uns agarimosos aplausos de todos os asistentes á festa.

Na área recreativa da Madalena déronse cita preto de 900 persoas, veciños e veciñas do Pino maiores de 60 anos, para participar nunha das tradicionais celebracións que organiza o Concello. A Banda de Música de Arca, dirixida por Andrés Pérez ofreceu na carballeira da Madalena un concerto moi aplaudido. Despois, o cura de Ferreiros Jesús Rial oficiou a misa campestre, como ven sendo tradición nesta celebración.

O alcalde, Manuel Taboada, destacou “o traballo realizado polas persoas homenaxeadas e por todas as presentes”, que axudaron a facer do Pino o que hoxe é. “Esta festa quere ser un agradecemento e un recoñecemento a todo o que conseguistes con tanto sacrificio”.
O restaurante A Magdalena, de Castrofeito, volveuse encargar do menú, e mobilizou a corenta persoa para preparar e servir empanada, polbo e carne ó caldeiro, co que os asistentes puideron repoñer forzas antes dunha animada sobremesa. Mentres uns conversaban e lembraban algunhas anécdotas, outros puxéronse a bailar e facer algo de exercicio ao ritmo da música do dúo formado por Eva e Camilo, que animaron o baile.

Album de fotos na páxina de Facebook do Concello do Pino (neste enlace)

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« O Pino crea a Comisión Especial de Urbanismo e aproba dúas dedicacións exclusivas e unha parcial para o goberno local
A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar do Concello do Pino alcanza a súa vixésimo segunda edición »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego