O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino organiza unha ‘Semana de Actividades contra a Violencia de Xénero’ para conmemorar o 25N

O Pino organiza unha ‘Semana de Actividades contra a Violencia de Xénero’ para conmemorar o 25N

Novas

14-11-2019
14 Nov

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de Xénero, o Concello de O Pino está a organizar unha semana de actividades para promover a igualdade en diferentes ámbitos. Esta programación cultural conmemorativa que abrangue dende o día 21 de novembro ata o 28, conta cun curso sobre sucesións e testamentos, andaina e carreira pola igualdade, clases de defensa persoal e cunha obra de teatro. As inscricións realizaranse na Casa do Concello.

Os días 21 e 22 de novembro a Casa da Cultura de Arca acollerá de 18.30 a 20.00 horas o curso sobre sucesións e testamentos. Na xornada seguinte, na Área Recreativa da Madalena (Castrofeito) ás 16.00 horas, terá lugar o acto institucional de lectura do manifesto contra a violencia machista, que dará paso á I Andaina e Carreira pola Igualdade. Esta competición forma parte do programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, por iso está aberta a toda a veciñanza que queira percorrer 5 quilómetros cos que poñer punto final a esta lacra social.

O teatro chegará ao CPI Camiño de Santiago o luns 25 de novembro ás 13.00 horas coa actuación “Saber vivir”, da que gozará o alumnado de secundaria. O 26 e 28 de novembro rematará esta programación da man das clases de defensa persoal que se realizarán no Polideportivo Lameiro de 11 a 12 e de 20 a 22 horas.

As inscricións realizaranse de foram gratuíta na Casa do concello en horario de 10 a 14 horas, excepto a da andaina e a carreira, que se fará en www.carreirasgalegas.com ata o 22 de novembro ás 14.horas. Os interesados poderán conseguir más información chamando ao 981 511 002.

Tweet
Share319
Share
Pin
319 Shares
« A Dirección Xeral de Xuventude prepara un canal de WhatsApp para ter contacto directo coa mocidade
Veciños de Gonzar teñen un mes para estudar a rede de camiños da concentración de monte »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego
  • Castelán