O Pino

+34 981 511 002 correo@opino.gal
Sede electrónica
  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
You are here: Home / Novas / O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

Novas

04-05-2018
4 Mai

O Concello do Pino participa, xunto con outra vintena de municipos da Coruña e Pontevedra, nas xornadas Camiños de coñecemento e experiencia. O programa vai dirixido a maiores de 50 anos e busca divulgar a presenza da ciencia e da protección do patrimonio no día a día. Desenvolverase durante cinco días na no centro sociocultual Luis Seoane do Pino, en Pedrouzo, e contará coa presenza de profesores da Universidade de Santiago.

Camiños de coñecemento e experiencia é un proxecto para undefineda democratización do coñecemento que busca achegar o ensino universitario a maiores de 50 anos. Varios temas culturais, científicos e de patrimonio centran as cinco xornadas formativas. A primeira delas, que tratará sobre o medio natural, levarase a cabo o día 9 de maio coa participación de José Antonio Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeiras, profesores da Facultade de Física compostelá. O día 14, a actividade sairá da casa da cultura, pois consistirá na visita ao Punto Limpo do Concello, coas explicacións dos mesmos profesores.

O día 16 de maio os asistentes poderán presenciar un concerto, da man da profesora da Facultade de Educación Laura Touriñán Morandeira. De volta no centro sociocultural Luis Seoane, Mercedes López-Mayán, da Facultade de Xeografía e Historia, falará de Historia da Cultura de Galicia. Camiños de coñecemento e experiencia remata o día 24 de maio cunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago da man a profesora López-Mayán.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, situado na casa consistorial, en horario de 8.30 a 14.30 horas. No programa, organizado pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña, participan os concellos do Pino, Ames, A Baña, A Estrada, Arzúa, Boiro, Brión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo e Ribeira.

Tweet
Share
Share
Pin
0 Shares
« Iván Roade e Edymar Brea gañan a XV Carreira Popular de O Pino
Curso de manipulador de alimentos »

Concello

  • Saúda do Alcalde
  • Casa do Concello – Contacto
  • Corporación Municipal

Coñece O Pino

  • Situación, Xeografía, Economía
  • Persoeiros Históricos
  • Parroquias

Xestións

  • Contratación
  • Formularios
  • Sede Electrónica Concello O Pino

Emprego

  • Ofertas de Emprego Público
  • Ofertas de Emprego Privado

Descarga a App de Turismo

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Contacto

Concello de O Pino
Enderezo: Rúa do Concello s/n
15821 Pedrouzo.- Arca (O Pino)
Tfno: 981 51 10 02
Fax: 981 51 11 23
Email: correo@opino.gal

© Concello de O Pino. Rúa do Concello s/n - 15821 Pedrouzo - Arca (O Pino)

[Desenvolvemento Web Nceltia]

  • Inicio
  • Concello
    • Saúda do Alcalde
    • Casa do Concello – Contacto
    • Corporación Municipal
  • Coñece O Pino
    • Situación, Xeografía, Economía
    • Persoeiros Históricos
    • Parroquias
  • Servizos
  • Áreas de Actuación
  • Turismo
  • Xestións
    • Contratación
    • Formularios
    • Sede Electrónica Concello O Pino
  • Emprego
    • Ofertas de Emprego Público
    • Ofertas de Emprego Privado
  • Novas
  • Galego